- A empresa pública vén de lanzar un jingle corporativo a través do cal convida á poboación a xestionar de forma sostible os residuos que produce, pero cun enfoque optimista, positivo e divertido
- Trátase dunha chamada á acción por un futuro máis próspero, contribuíndo a que os valores da sostibilidade resoen cada día no corazón e a conciencia dos cidadáns a través das emocións que transmite cada nota musical
Cerceda, 26 de novembro de 2025.- Sogama estrea un jingle institucional a través do cal pretende transmitir, a ritmo de pop-rock, a importancia transcendental que sinxelos xestos tales como reducir a produción de residuos, reutilizar os obxectos o maior número de veces posible e depositar cada material no contedor correspondente, poden ter para o medio ambiente, a saúde e a economía.
Con planos protagonizados por mozos, e non tan mozos, e divertidas secuencias con moito movemento, colorido e luz, a Sociedade convida a practicar cada día os 3R para avanzar cara a un mundo mellor, máis saudable e, en definitiva, máis feliz.
Pero, lonxe de ser unha tarefa ardua, monótona e aburrida, a xestión sostible dos residuos urbanos tamén pode transformarse nun labor ameno, ademais de altamente reconfortante.
A empresa chama así ao movemento e á acción de todos e todas por un futuro máis próspero, propiciando que os valores da sosbilidade resoen cada día no corazón e na conciencia dos cidadáns a través das emocións que transmite cada nota musical. Un traballo conxunto cun fin común: unha Galicia máis verde e máis circular.
Vídeo jingle Sogama: https://www.youtube.com/watch?v=KU-mnIu_tEY
🎵 Letra jingle Sogama 2025
1ª Estrofa
Se queres un futuro mellor,
Sigue estes pasos con amor.
Reduce o lixo que ti tes,
Reutiliza, xa o ves.
Estribillo
Reduce, reutiliza e recicla,
Contribuamos coa limpeza,
Coidemos do planeta,
Xuntas e xuntos, con Sogama
facemos a diferenza!
2ª Estrofa
No amarelo, bota os envases,
de plástico, latas, e briks, non te pases.
No marrón, restos da comida,
orgánicos que volven dar vida.
3ª Estrofa
No azul vai o papel e o cartón,
sempre limpos, sen graxa nin manchón.
No verde, o vidro sen tapón,
tarros e botellas, coa súa razón.
4ª Estrofa
E no xenérico, tira o que reste,
cousas estragadas, o que non vai naquel ou
neste.
Pero nunca mestures, fai ben a tarefa,
separar é coidar, e que a terra o agradeza.
Estribillo
Reduce, reutiliza e recicla,
Contribuamos coa limpeza,
Coidemos do planeta,
Xuntas e xuntos, con Sogama
facemos a diferenza!
Ponte
Pensa no futuro, pensa na nosa terra,
cada xesto conta, fai que floreza,
Montes, praias e ríos, con ilusión,
protéxeos sempre, está na túa man.
Estribillo final
Reduce, reutiliza e recicla,
Contribuamos coa limpeza,
Coidemos do planeta,
Xuntas e xuntos, con Sogama
facemos a diferenza