
- Completa a súa terceira anualidade e inicia a cuarta fase co obxectivo de consolidar a xestión e tratamento a escala industrial do lixo mariño.
- AIMPLAS encargouse de estudar as mostras de plásticos para a súa caracterización por natureza do material e a Universidade de Vigo realizou a súa análise toxicolóxica.
- A pretensión é transformar en novos recursos aqueles plásticos difíciles de recuperar a través da reciclaxe mecánica e convertelos nun líquido pirolítico que podería ser utilizado como combustible nas propias embarcacións pesqueiras.
Cerceda, a 19 de febrero de 2021.- O proxecto RepescaPlas completou a súa terceira anualidade cun balance de 4.218 quilos de lixo mariño recuperados polas asociacións e confrarías de pescadores dos portos de Marín e Vigo en Galicia, a Restinga na illa do Hierro e o de Gandía en Valencia. Deste xeito adéntrase na cuarta fase co obxectivo de consolidar a xestión e tratamento a escala industrial dos refugallos mariños.
Como en anos anteriores, os obxectos recuperados caracterizáronse por tipoloxías a través da plataforma MARNOBA nos propios portos. Da fracción de plástico, que é a máis abundante, remitíronse mostras a AIMPLAS para a súa identificación por natureza de material, así como á Universidade de Vigo para a súa análise toxicolóxica.
O seguimento dos roteiros daquelas embarcacións participantes que, de forma reiterada, levaron a porto máis residuos mariños, permitiu á Asociación Vertidos Cero elaborar un mapa da distribución das zonas onde se está retirando este lixo, establecendo a densidade (obxectos/ km2).
VALORIZACIÓN DOS PLÁSTICOS DEGRADADOS
As mostras recibidas en AIMPLAS, correspondentes na súa maioría a PET e polietileno de baixa densidade, serviron para seguir avanzando no desenvolvemento de tecnoloxías que permitan converter estes materiais, degradados pola súa exposición ao medio mariño, en novos recursos, coa particularidade de que só coa reciclaxe mecánica resultaba complicado reintroducir na cadea de valor.
Para isto realizouse unha primeira selección mediante equipos de separación óptica e posteriormente sometéronse ao proceso de pirólisis. O principal resultado foi a obtención dunha fracción sólida, válida para a síntese de carbón activo ou negro de fume, e dunha líquida, cuxa composición lle permite ser valorizada como combustible, tendo así a posibilidade de empregalo nas propias embarcacións dos pescadores. O devandito líquido pirolítico pódese someter a diferentes procesos químicos para a obtención de monómeros de gran interese na industria plástica.
Pola súa banda, a Universidade de Vigo desenvolveu unha análise ecotoxicolóxica comparando o mesmo produto novo e recollido do fondo do mar. Os resultados non detectaron niveis de toxicidade para ningún dos organismos mariños utilizados en contacto con eses residuos.
O Proxecto RepescaPlas desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, a través do Programa Pleamar, estando cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP)
Fonte: Gestores de Residuos
Imaxe: Pexels