
- Un total de 194 instalacións correspondentes a 155 empresas con contrato con este SIG, posibilitaron a recollida da práctica totalidade do aceite industrial usado e o seu correcto tratamento.
- O pasado ano, a recollida deste residuo estendeuse a preto de 69.400 establecementos produtores distribuídos por 4.817 municipios a nivel estatal.
- En cifras, a cantidade bruta de aceite usado recollido en 2018 foi de 167.972 toneladas e a cantidade neta valorizada por SIGAUS ascendeu a 141.297 toneladas, trala retirada de impropios.
- Grazas ao proceso de rexeneración materializado por esta entidade, aforrouse a emisión dun total de 300.962 toneladas de CO2 á atmosfera, ou, o que é o mesmo, o equivalente á absorción dun bosque de chopos de 30 anos e 1.120 hectáreas de extensión.
Cerceda, a 28 de maio de 2019.- Datos consistentes, contrastados e debullados. Así é a avaliación realizada por SIGAUS da actividade levada a cabo no ano 2018 e plasmada nunha serie de informes que foron elaborados cunha ferramenta de Business Intelligence (Microsoft Power BI) para dotalos de maior axilidade no tratamento dos mesmos.
Un total de 194 instalacións correspondentes a 155 empresas con contrato con este Sistema Integrado de Xestión en España, posibilitaron a recollida da práctica totalidade do aceite industrial usado e o seu correcto tratamento, dando así cumprimento efectivo á legalidade vixente.
O pasado ano, a recollida deste residuo estendeuse a preto de 69.400 establecementos produtores distribuídos por 4.817 municipios a nivel estatal. O Sistema de Información Tecnolóxico (SIT) de SIGAUS rexistrou 176.800 operacións de recollida e tratamento acreditadas a través de máis de 195.000 declaracións informáticas e preto de 160.000 documentos oficiais automatizados, garantindo desta forma un exhaustivo control do seguimento do aceite usado desde a súa xeración ata a súa correcta xestión.
Estes resultados foron acompañados dun incremento no número de empresas adheridas a SIGAUS, alcanzando as 234, con 15 novas adhesións en 2018, circunstancia que reflicte o esforzo de SIGAUS por dar cobertura á meirande parte das empresas que comercializan lubricantes en España.
CIFRAS CON AFORRO
En cifras, a cantidade bruta de aceite usado recollido en 2018 foi de 167.972 toneladas, procedendo o 42% de establecementos do sector da automoción e o 34% de instalacións industriais. O 25% restante correspondía a diversas actividades tales como a agricultura, o comercio, a hostalaría e a construción, entre outros.
Trala retirada de impropios (auga ou sedimentos), a cantidade neta valorizada por SIGAUS ascendeu a 141.297 toneladas, volume co que sería posible encher un tanque industrial cilíndrico de 10 m de diámetro e case 2.000 m de altura, o equivalente a 20,8 veces a torre do Big Ben de Londres.
Así mesmo, a cifra de residuo rexenerado foi a máis elevada da última década, con 100.321 toneladas, isto é, o 72,43% do total de aceites usados rexenerables, e unha porcentaxe que vai máis aló do cumprimento do obxectivo de rexeneración establecido na lexislación, superándoo en 7 puntos porcentuais.
Grazas ao proceso de rexeneración materializado por SIGAUS, aforrouse a emisión dun total de 300.962 toneladas de CO2 á atmosfera, ou, o que é o mesmo, o equivalente á absorción dun bosque de chopos de 30 anos e 1.120 hectáreas de estensión.
A isto debe engadirse os notables aforros en materias primas, toda vez que se devolveron ao mercado preto de 67.000 toneladas de lubricantes coas que se podería encher o cárter de máis de 16 millóns de turismos, é dicir, todos os vehículos que caberían aparcados en preto de 24.000 campos de fútbol.
Pola súa banda, 39.230 toneladas de aceites usados foron procesadas como combustible de uso industrial para o seu posterior aproveitamento enerxético en centrais térmicas de xeración eléctrica, cementeiras, papeleiras ou equipos mariños, cantidade coa que se xerou a enerxía coa que cubrir o consumo eléctrico de case 122.000 fogares.
Fonte e imaxe: SIGAUS
Saúdos, Departamento de Comunicación