
- A convocatoria fai referencia aos quilos recollidos durante todo o ano 2020.
- Outorgaranse dous galardóns por cada Comunidade Autónoma: un na categoría de “Planeta Verde”, ao punto que máis envases tivera reciclado por riba dos 3.000 quilos, e outro na categoría de “Cultivo Sostible”, ao que máis tivera reciclado ata 3.000 quilos.
Cerceda, a 4 de febrero de 2021.- Malia a crise sanitaria, o sistema SIGFITO entregará os seus premios anuais aos puntos de recollida de envases agrarios máis comprometidos co medio ambiente nun ano especialmente atípico e complexo debido á COVID-19. Nesta ocasión, cobra aínda máis relevancia estes recoñecementos porque, a pesar das restricións e o duro confinamento da pasada primavera, os agricultores deron continuidade ás súas obrigas ambientais a fin de seguir cumprindo a normativa vixente a través da recollida selectiva, e posterior valorización, dos envases agrarios.
En decembro de 2020, a iniciativa dos premios SIGFITO cumpriu 10 anos, un período no que esta sociedade sen ánimo de lucro distinguiu o labor ambiental de 427 puntos de recollida, cooperativas e puntos de venda de produtos fertilizantes e fitosanitarios que ceden as súas instalacións para que o agricultor poida colaborar no sistema.
A convocatoria fai referencia aos quilos recolleitos durante todo o ano 2020, desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro.
Outorgaranse dous premios por cada Comunidade Autónoma: un na categoría de “Planeta Verde”, ao punto que máis envases tivera reciclado por riba dos 3.000 quilos, e outro na categoría denominada “Cultivo Sostible”, ao que máis tivera reciclado ata 3.000 quilos.
Por último, contémplase unha distinción especial ao punto de recollida que máis calidade rexistrase nos residuos de envases.
Fuente: Sigfito
Imagen: Pexels