- Iniciado en 2023, este proxecto ten como obxectivo desenvolver materiais formados por un termoplástico e po de caucho de pneumáticos para a súa posterior aplicación en sectores tales como a automoción e a edificación
Cerceda, a 29 de novembro de 2024.- SIGNUS (Sistema Colectivo de Xestión de Pneumáticos Fóra de Uso) e AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico) concluíron a primeira fase do proxecto GREENFU, iniciado en 2023 e cuxo obxectivo é desenvolver materiais formados por un termoplástico e po de caucho de pneumáticos, con posterior aplicación en sectores tales como a automoción e a edificación.
Os elastómeros termoplásticos (TPE) son unha categoría única de materiais compostos que combina a facilidade de procesamento dos termoplásticos (plástico) e a elasticidade dos elastómeros (caucho), ofrecendo versatilidade e unha ampla gama de aplicacións, o que converte ao caucho reciclado procedente dos pneumáticos ao final da súa vida útil nun excelente candidato para formar parte disto.
Ademais, nos últimos anos, o interese neste tipo de materiais plásticos creceu de forma significativa, gañando importancia tecnolóxica, especialmente nos sectores da automoción e a edificación, ao que se lle engade a posibilidade de empregar materiais reciclados, axudando así a facer os produtos máis sostibles.
Como resultado do proxecto desenvolvéronse 12 materiais de polipropileno con po de caucho reciclado de pneumáticos en distintas proporcións, con formulacións axeitadas para procesos de inxección e extrusión, viable para usos comerciais, o cal suxire a súa viabilidade para substituír ou complementar aos materiais comerciais existentes. Cómpre destacar tamén a súa reciclabilidade ao final da súa vida útil, xa que á hora de realizar a análise de ciclo de vida de calquera produto, este é un dos aspectos máis relevantes.
Para dar continuidade a este traballo, proponse explorar en profundidade o emprego destes novos materiais que incorporan pneumático reciclado na industria da automoción involucrando a algunha empresa do sector.
Fonte e imaxe: SIGNUS