- Un estudo citado polo responsable de ONU Cambio Climático calcula en 180.000 M€ o custo dos fenómenos extremos deste verán, cifra equivalente a un punto porcentual do PIB europeo
Cerceda, 10 de setembro de 2026.- En días pasados, e ante o Parlamento Europeo, o responsable de ONU Cambio Climático, Simon Stiell, advertiu que a crise climática xa é unha emerxencia económica e de seguridade, subliñando que a calor extrema deste verán causou decenas de miles de mortes e golpeou infraestruturas, empresas e economías.
Un estudo citado por Stiell calcula en 180.000 millóns de euros o custo dos fenómenos extremos deste verán para o continente, cifra equivalente a un punto porcentual do PIB europeo.
Tamén alertou do impacto da dependencia dos combustibles fósis, asegurando que Europa enfronta un dobre golpe: o aumento dos custos da enerxía e os danos provocados polo cambio climático.
Fronte a isto, defende acelerar a transición cara ás enerxías limpas, asegurando que as renovables xa xeran ao redor da metade da electricidade europea. E citou máis datos: nos primeiros seis meses do conflito en Oriente Medio, a enerxía solar permitiu aforrar a Europa máis de 30.000 millóns de euros en importacións de gas.
Para rematar, pediu a Europa manter o seu liderado climático e avanzar cara a unha economía máis limpa e resiliente.
Fuente e imaxe: ONU