
- A Sociedade pública atópase entre o selecto 5% de empresas galegas que cumpre os parámetros esixidos para obter algún destes certificados.
- Non é a primeira vez que Sogama é recoñecida a través do servizo Ardán. En 2017 tamén recibiu a distinción de empresa de Alta Produtividade e, en 2019, o de Empresa Innovadora e Xeradora de Riqueza. Entre directos e indirectos, dá emprego a un milleiro de persoas
- A transición de Sogama cara a un modelo de desenvolvemento circular fíxose patente cando ampliou a capacidade do seu Complexo Medioambiental de Cerceda coa posta en marcha dunha nova planta, que opera en liña coa industria 4.0, e na que recupera, do lixo convencional, ata 11 tipos de material susceptibles de ser reciclados.
- A promoción do ferrocarril como medio de transporte preferente para os residuos, a súa firme aposta pola compostaxe (tanto doméstica como industrial) e o seu obxectivo de chegar en breve ao vertido técnico cero, constitúen accións que lle permitiron avanzar cara á sostibilidade.
Cerceda, a 8 de novembro de 2020.- En días pasados, o Consorcio da Zona Franca de Vigo comunicou oficialmente a Sogama que esta compañía pública, participada no 51% pola Xunta de Galicia e no 49% por Naturgy, alcanzou os indicadores ARDÁN de Alta Produtividade e Empresa Circular en 2020.
Desta forma, a Sociedade que xestiona os residuos urbanos producidos por 295 concellos, dando servizo a máis de 2.242.000 habitantes, atópase entre o selecto 5% de empresas galegas que cumpre os parámetros para obter algún destes distintivos.
Non é a primeira vez que a Sociedade Galega do Medio Ambiente é recoñecida a través do servizo de ARDÁN. En 2017, o foi como empresa de Alta Produtividade e, en 2019, como empresa Innovadora e Xeradora de Riquez apola súa contribución á innovación tecnolóxica e ao emprego, destacando no desempeño de distintos cometidos vinculados á competitividade empresarial.
Na súa comunicación oficial, o Consorcio Zona Franca de Vigo indica que “as empresas con Indicadores ARDÁN destacan polas súas competencias diferenciais que as fan máis dinámicas, con alta capacidade de resposta e adaptación ás esixencias do mercado, atraendo talento e investimento, favorecendo a competitividade global da comunidade, así como a creación de emprego e riqueza”.
Entre directos e indirectos, esta Sociedade dá emprego a 1.000 persoas, cifra á que habería que engadir os asociados ás paradas técnicas para labores de limpeza, mantemento e outros axustes técnicos.
SOGAMA CIRCULAR
A transición de Sogama cara a un modelo de desenvolvemento circular fíxose patente cando ampliou a capacidade do seu Complexo Medioambiental de Cerceda (pasando de 550.000 toneladas anuais a 1.000.000) coa posta en marcha dunha nova planta de recuperación de materiais contidos no lixo en masa e que opera en liña coa industria 4.0. Con esta instalación logra recuperar ata 11 tipoloxías de materiais para o seu posterior envío aos centros recicladores. Esta infraestrutura consolidouse a día de hoxe como a máis moderna e eficiente de Europa, erixíndose en punto de referencia a nivel mundial.
Ademais doutras melloras substanciais a nivel industrial, a Sociedade apostou polo ferrocarril como medio preferente para o transporte de residuos. Mentres que en 2016 desprazaba por tren o 25% dos refugallos, a día de hoxe esta porcentaxe subiu ata o 55%. Desta forma a compañía dá prioridade a un medio máis sostible, máis respectuoso co medio ambiente, con menor siistralidad,e maior sincronización horaria e, por suposto, con menores molestias cidadás.
Así mesmo, outro dos obxectivos da Sociedade Galega do Medio Ambiente é alcanzar en breve o vertido técnico cero, esixencia do Parlamento Europeo para 2035, de tal forma que só se deposite en vertedoiro aquela parte do lixo que non se poida reciclar nin valorizar enerxeticamente.
A súa planta de compostaxe industrial de Cerceda xa está a dar servizo aos municipios limítrofes e acometerá tamén a construción e xestión doutras tres plantas de biorresiduos (unha na provincia de Pontevedra, outra na de Lugo e outra máis na de Ourense) que virán a complementar as públicas e privadas existentes actualmente (e futuras) a fin de estender a reciclaxe da materia orgánica a toda Galicia.
En plena sintonía coa xestión xerarquizada de residuos promulgada pola Unión Europea, e que comeza coa prevención e a preparación para a reutilización, e continúa coa reciclaxe e a valorización enerxética dos residuos non reciclables, relegando o vertido a último lugar, Sogama pecha o círculo de aproveitamento dos residuos e ponnos en valor, ben mediante a súa reciclaxe ou ben mediante a súa valorización enerxética, no caso da parte non reciclable, producindo a enerxía equivalente ao consumo do 12% dos fogares galegos.
O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, mostrouse moi satisfeito con este recoñecemento e agradeceu personalmente aos traballadores e traballadoras o seu labor, esforzo e compromiso coa prestación dun servizo público esencial.
Saúdos, Departamento de Comunicación