- Farao cunha campaña en liña, que dará a coñecer en próximas datas, coa que pretende dar resposta á temática central do evento: a Suficiencia Material, que busca garantir o benestar de todos respectando os límites do planeta
- Baixo o lema “Cuestionemos as nosas decisións. Valoremos os nosos recursos”, a Semana Europea invita á poboación a reflexionar sobre canto consumimos, que necesitamos realmente e como podemos organizar os nosos sistemas de produción e consumo para utilizar menos recursos e previr a produción de residuos desde a orixe
Cerceda, 10 de novembro de 2026.- Sogama rexistrou a súa participación na 18ª edición da Semana Europea da Prevención de Residuos, que terá lugar do 21 ao 29 de novembro, e farao cunha campaña en liña, que dará a coñecer en próximas datas, coa que pretende responder a la temática central do evento: a Suficiencia Material, que busca garantir o benestar de todos respectando os límites do planeta.
En lugar de poñer o foco en como xestionar os residuos unha vez que se xeran, a suficiencia aborda as causas que os orixinan, prestando especial atención a aquelas accións que resultan prioritarias nas políticas ambientais, isto é, rexeitar, repensar, reducir, e que deben situarse por riba da reutilización, a reciclaxe e a eliminación por ser as máis eficaces para previr a xeración de residuos e diminuír o impacto ambiental
Non obstante, aplicar os principios de suficiencia e repensar o consumo non significa aceptar unha menor calidade de vida, senón aliñar mellor o que se produce e se venda coas necesidades reais das persoas, non coas necesidades creadas polos sistemas comerciais, deseñados para incentivarnos a comprar.
Así mesmo, non todos os materiais conlevan o mesmo custo ambiental nin a mesma importancia estratéxica. É por isto que debe terse en conta que se produce, a partir de que materiais e con que propósito. O uso estratéxico dos materiais implica reducir o consumo xeral e priorizar os recursos escasos para os sectores e aplicacións que achegan maior valor á sociedade —sanidade, sistemas alimentarios, enerxías limpas— en lugar de produtos refugables ou de baixo valor.
Pola súa banda, manter os materiais críticos en circulación durante máis tempo tamén reduce a exposición a interrupcións na subministración. Ao desperdiciar menos, necesítase importar menos, o que ten consecuencias directas para a seguridade económica.
Europa depende en gran medida das materias primas importadas, especialmente metais e materiais de orixe fósil, e nun mundo cada vez máis inestable —onde o cambio climático e as tensións xeopolíticas poden interromper as cadeas de subministración da noite para a mañá— esa dependencia representa unha vulnerabilidade real. Reutilizar e reciclar os materiais que xa están en circulación pode axudar ás empresas da UE a ser máis resilientes e competitivas a longo prazo.
Neste contexto, e baixo o lema “Cuestionemos as nosas decisións. Valoremos os nosos recursos”, a Semana Europea invita á poboación a reflexionar sobre canto consumimos, que necesitamos realmente e como podemos organizar os nosos sistemas de produción e consumo para utilizar menos recursos e previr a produción de residuos desde a orixe.
Fonte: Semana Europea da Prevención de Residuos