
- Terá lugar o próximo 2 de xuño, de 11:00 a 13:00 horas, na sede da CEG, en Santiago de Compostela
- A xornada contempla unha mesa de debate que moderará Hugo Vila, secretario de APROEMA, e na que participarán representantes de MODA-RE, RE-VISTE e COINTEGA
Cerceda, a 29 de maio de 2025.- A Asociación de Empresas Medioambientais de Galicia, APROEMA, centrará o seu próximo Green Talks & Networking no sector téxtil, un dos máis desafiantes en termos de sostibilidade e xestión de residuos.
No transcurso do encontro, bautizado co lema “Residuos téxtiles: retos, oportunidades e alianzas cara a unha economía circular”, e que terá lugar na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en Santiago de Compostela, o próximo 2 de xuño, analizarase o novo escenario normativo, as oportunidades para a valorización do residuo téxtil, así coma o papel da innovación, a colaboración institucional e o tecido empresarial na transición cara a unha economía circular.
A xornada, que será introducida por Juan Vieites, presidente da CEG, contempla unha mesa de debate que moderará Hugo Vila, secretario de APROEMA, contando coa participación de Alberto Egido, Responsable de Medio Ambiente e Sostibilidade de MODA-RE; Juan Ramón Meléndez, Director Xeral de RE-VISTE; e Diego Piñeiro, Director de Innovación de Selmark e membro da Xunta Directiva de COINTEGA- Agrupación industrial Téxtil da Moda de Galicia.
Más información en APROEMA Green Talks & Networking. SCRAPs & gestión de residuos de Envases Industriales – Aproema
Sobre Green Talks & Networking
Trátase dun espazo breve, práctico e dinámico no que se abordan os retos crave do ámbito ambiental e xéranse conexións estratéxicas entre empresas, entidades públicas e profesionais. No mesmo formúlanse preguntas, compártense inquedanzas e enriquécese a análise con perspectivas do público, propiciando á vez un momento distendido para impulsar alianzas, compartir ideas e establecer colaboracións futuras entre os asistentes.
Saúdos, Departamento de Comunicación