
- Quixo amosar, unha vez máis, o seu compromiso co medio ambiente, acompañando a decenas de persoas voluntarias
Cerceda, a 3 de xuño de 2025.- A súa Maxestade a Raíña Dona Sofía únese á gran recollida cidadá “1m2 contra a basuraleza” do Proxecto LIBERA. A xornada tivo lugar en “Puente del Jarama”, San Fernando de Henares (Madrid), onde quixo amosar, unha vez máis, o seu compromiso co medio ambiente, acompañando a decenas de persoas voluntarias.
Durante a actividade, estivo acompañada por representantes de Ecoembes, así como da Asociación Aldaba, unha entidade que traballa con persoas con discapacidade intelectual e trastorno do espectro autista, co obxectivo de favorecer a súa inclusión social e laboral.
A novena edición desta gran mobilización cidadá celebrarase o próximo 7 de xuño para reducir a presenza de residuos en contornas naturais, pero sobre todo para xerar coñecemento sobre a súa orixe e tipoloxía, promovendo así unha maior concienciación social ante esta ameaza ambiental que contamina a natureza.
A participación da Reina Sofía, a través da súa Fundación, marca unha vez máis a súa colaboración co Proxecto LIBERA, reflexo da súa constante implicación na conservación do medio ambiente. Dende 2018, participou en varias campañas de limpeza en diferentes contornas —mariñas, fluviais e terrestres—, e apoiou iniciativas enfocadas á protección da biodiversidade e a concienciación social fronte ao abandono de refugallos.
Fonte e imaxe: IndustriAmbiente