SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Tui suma outros 50 composteiros cedidos por Sogama ao seu programa de reciclaxe da materia orgánica

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Serán entregados a outras tantas vivendas unifamiliares para que poidan reciclar os restos orgánicos en orixe e utilizar o compost resultante nos seus propios terreos.
  • Con esta nova partida fan un total de 152 os recipientes entregados de forma gratuita a este concello pontevedrés por parte da empresa pública.
  • Os veciños participantes tamén recibirán manuais didácticos de apoio.

Cerceda, a 9 de outubro de 2020.- O concello de Tui (Pontevedra) recorreu de novo a Sogama para ampliar o seu programa de compostaxe doméstica, que estende a 50 novas vivendas unifamiliares. Esta partida, sumada a outras anteriores, fan un total de 152 os recipientes destas características entregados de forma gratuita pola Sociedade pública.

Os composteiros, de 390 litros de capacidade, están fabricados con materiais reciclados e reciclables ao final da súa vida útil. Xunto con estes recipientes, os veciños participantes recibirán manuais didácticos de apoio nos que se explica, de forma pormenorizada, os pasos a seguir para obter un compost de calidade: desde o emprazamento do propio composteiro, que debe colocarse nun lugar sombreado, protexido do vento e en contacto directo coa terra para facilitar a entrada de microorganismos descompoñedores, ata a relación de materiais a depositar no mesmo e o control de parámetros clave como son o osíxeno, a temperatura e a humidade.

O concello queda obrigado a facer un seguimento do programa e presentar a Sogama, no prazo de 1 ano, o correspondente informe, onde deberá dar conta da acollida desta iniciativa, a implicación e interese dos veciños e as dificultades e/ou limitacións coas que estes se atoparon. Unha valiosa información que permitirá a esta empresa pública coñecer a resposta cidadá ante un programa destas características con incuestionables beneficios: menor produción de residuos, obtención dun abono de alta calidade para ser aplicado ao solo con garantías e aforro medioambiental e económico, minorando os custos de xestión para as arcas locais.

Para complementar a información, os usuarios teñen á súa disposición un sitio web específico www.compostaconsogama.gal, no que poderán atopar recursos de utilidade.

A día de hoxe, Sogama repartiu máis de 14.300 composteiros en toda Galicia, materializándose a distribución dos mesmos a través dos concellos (máis de 200) adscritos ao seu programa de compostaxe doméstica.

Saúdos, Departamento de Comunicación

9 Out 2020

Galería