
- Producido polo Instituto de Recursos Mundiais, no mesmo colaborou o Banco Mundial, ONU Medio Ambiente, o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e as axencias francesas de investigación agrícola CIRAD e INRA.
- O informe incide na urxencia de transformar o sistema alimentario a nivel mundial para abastecer en 2050 a unha poboación de 10.000 millóns de persoas dunha forma respectuosa co medio ambiente.
- Tal e como manifestou Tim Searchinger, membro principal do Instituto de Recursos Mundiais e autor principal do informe “a tecnoloxía será unha das claves do éxito dun sistema alimentario sostible. Sen innovacións importantes, non existe un potencial realista para superar este desafío”.
Cerceda, a 29 de xullo de 2019.- Tal e como se recolle no Informe sobre Recursos Mundiais: Crear un futuro alimentario sostible, producido polo Instituto de Recursos Mundiais, en colaboración co Banco Mundial, ONU Medio Ambiente, o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento e as axencias francesas de investigación agrícola CIRAD e INRA, urxe transformar o sistema alimentario a nivel mundial para abastecer en 2050 a unha poboación de 10.000 millóns de persoas dunha forma respectuosa co medio ambiente.
Para facer fronte a este desafío, o informe conclúe a necesidade de pechar tres brechas: unha “brecha alimentaria” de 56% entre o que se produciu en 2010 e os alimentos que se necesitarán en 2050; unha “brecha de terra” de case 600 millóns de hectáreas (case o dobre do tamaño da India) entre a área de terra agrícola global de 2010 e a expansión prevista para 2050; e unha “brecha de mitigación de gases de efecto invernadoiro” de 11 xigatoneladas, que comprende as emisións esperadas da agricultura en 2050 e o nivel requirido para cumprir o Acordo de París.
Para pechar estas brechas, o reporte apunta á necesidade de efectuar reaxustes significativos na produción de alimentos, así como cambios nos patróns de consumo da poboación, á vez que proporciona aos responsables políticos, empresas e investigadores unha folla de ruta para pechar un sistema alimentario sostible que contemple os pasos a dar desde as terras de cultivo ata o prato.
Neste marco, o estudo presenta un esquema de solucións para revisar a forma en que o mundo produce e consome alimentos, garantindo deste xeito un sistema alimentario sostible en 2050:
* Diminuír a perda e o desperdicio de alimentos, así como o consumo de dietas máis saudables.
* Aumentar a produción de alimentos sen expandir a área de terra agrícola a través dun incremento nos rendementos dos cultivos e a cría de gando.
* Protexer e restaurar os ecosistemas naturais mediante a redución da deforestación, a restauración das turberas e a vinculación da produción coa conservación dos ecosistemas.
* Aumentar o fornezo de peixes procedentes da acuicultura e mellorar a xestión da pesca silvestre.
* Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro da produción agrícola a través de tecnoloxías innovadora e métodos de cultivo.
Tal e como manifestou Tim Searchinger, membro principal do Instituto de Recursos Mundiais e autor principal do informe, “a tecnoloxía será unha das claves do éxito dun sistema alimentario sostible. Sen innovacións importantes, non existe un potencial realista para superar este desafío”.
Fonte e imaxe: ONU
Saúdos, Departamento de Comunicación