
- Esixe medidas urxentes ante a contaminación masiva provocada por estes residuos, que se fragmentan en microplásticos e liberan substancias tóxicas no medio ambiente
Cerceda, a 2 de xuño de 2025.- A mediados do pasado mes de maio, lanzouse oficialmente a campaña internacional Non Plastic Filter, https://noplasticfilter.org/, cuxo obxectivo é lograr a prohibición dos filtros de cigarro de plástico. Cidadáns, empresas, institucións científicas, ONG e autoridades locais uníronse para esixir aos responsables políticos que se tomen cartas no asunto.
Actualmente, case todos os filtros de cigarros están fabricados con plástico. Ao ser refugados, fragméntanse en microplásticos e liberan substancias tóxicas no medio ambiente como pesticidas, arsénico e metais pesados. Atópanse en todas partes e o seu propio deseño facilita que acaben abandonados na vía pública.
Segundo os impulsores da campaña, os filtros de cigarro constitúen a forma máis común de contaminación plástica a nivel mundial. “Estímase que miles de millóns de filtros acaban cada día no medio ambiente. Falamos de máis de 100.000 por segundo. Non se degradan de forma natural; ao contrario, o seu impacto pode perdurar indefinidamente”, advirten, engandindo que “aínda que o 90% dos filtros usados depositásense en papeleiras, seguiría sendo un problema ambiental grave”.
Ademais, a percepción de que os filtros reducen os riscos para a saúde é errónea. De feito, poden empeoralos. Yogi Hendlin, investigador en saúde pública da Universidade Erasmus de Róterdam, explícao: “A industria tabacalera introduciu os filtros de plástico nos anos 50, sabendo que non eran eficaces. Fixérono para acougar a preocupación pública sen reducir os danos reais. Está demostrado que os fumadores inhalan máis profundamente para compensar o filtro. É un produto inútil, creado como unha estratexia de márketing.”
A Organización Mundial da Saúde (OMS) coincide e cualifica os filtros como un plástico “problemático e evitable”, instando os gobernos a prohibilos. Tanto o Tratado Mundial sobre Plásticos —en negociación no seo da ONU— como a Directiva sobre Plásticos dun Só Uso da Unión Europea representan oportunidades crave para impulsar esta prohibición.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Freepik