- Preto do 97% destes metais críticos importados pola UE procederon de só tres países: China (46,8%), Rusia (25,9%) e Malaisia (23,1%).
Cerceda, 1 de xullo de 2026.-Segundo datos de Eurostat, o comercio da Unión Europea en elementos de terras raras creceu en 2025, logo do forte descenso rexistrado en 2024. As importacións aumentaron un 17,1%, ata alcanzar as 15.100 toneladas, mentres que as exportacións creceron un 21,1%, situándose nun total de 6.700 toneladas.
Ao mesmo tempo, o valor dos elementos de terras raras importados aumentou un 23,2%, ata os 124,9 millóns de euros, e o valor das exportacións creceu un 29,9%, ata os 124,7 millóns de euros.
Os elementos de terras raras son un grupo de 17 metais especiais cun alto risco de subministración e unha importancia económica significativa, utilizados en diversas aplicacións de alta tecnoloxía, incluídas tecnoloxías cotiás coma os teléfonos móbiles e os computadores, así como en tecnoloxías médicas avanzadas ou en enerxías renovables.
China, principal provedor, seguido por Rusia e Malaisia
En 2025, a meirande parte dos elementos de terras raras importouse de China (o 46,8% do peso total, é dicir, 7.100 toneladas). O segundo provedor máis importante foi Rusia, cun 25,9% das importacións (3.900 toneladas), e, o terceiro, Malaisia cun 23,1% (3.500 toneladas). Seguíronlle Xapón e Estados Unidos, cun 1,6% e un 0,9%, respectivamente.
Fonte: Eurostat