- Segundo os últimos datos publicados por Eurostat, a recuperación de residuos, tanto material como enerxética, aumentou en máis dun 40% desde 2004
Cerceda, a 18 de outubro de 2024.- Segundo datos difundidos por Eurostat, en 2022 tratáronse na Unión Europea uns 1.992 millóns de toneladas de residuos, dos que se recuperou o 61,4% (1.223 millóns de toneladas), un 40,6% máis que en 2004, e eliminouse o 38,6% (769 millóns de toneladas).
A recuperación inclúe a reciclaxe, o recheo e a valorización enerxética (incineración con recuperación de enerxía). A cantidade de residuos suxeitos a eliminación diminuíu de 1.027 millóns de toneladas en 2004 a 769 millóns de toneladas en 2022, é dicir, un 25,1%.
En conxunto, o 61,4% dos residuos da UE tratouse en operacións de valorización: reciclado (40,8% do total), recheo (14,2%) ou valorización enerxética (6,4%). O 38,6% restante depositouse en vertedoiros (30,2%), incinerouse sen recuperación de enerxía (0,4%) ou eliminouse doutro xeito (8%).
Observáronse diferenzas considerables entre os países da UE en canto ao uso de métodos de tratamento de residuos. Italia rexistrou a maior proporción de reciclaxe, cun 85,6%, seguida de Bélxica e Eslovaquia, ambas as dúas cun 68,3%. Pola contra, os vertedoiros e outros métodos de eliminación predominaron en Romanía (93,8%), Bulgaria (93%) e Finlandia (81%).
Saúdos, Departamento de Comunicación