
- O Ist AEVERSU Summit, que terá lugar o 8 de maio en Madrid, contará co apoio de ACCIONA, FCC, PAPREC, PREZERO, SUEZ, URBASER, VALORIZA, VALTALIA e VEOLIA como patrocinadores Ouro; así como de KANADEVIA INOVA como patrocinador prata e MAGALDI como colaborador
- O congreso contará coa participación de representantes da administración pública, centros de investigación, universidades, operadores, empresas e asociacións, a nivel español e europeo, sendo un punto de encontro crave para compartir coñecementos e experiencias sobre a valorización enerxética e a súa contribución á economía circular
Cerceda, a 7 de maio de 2025 – A Asociación Española de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos (AEVERSU) celebrará mañá, xoves, 8 de maio, en Madrid, o Ist AEVERSU SUMMIT: Encontro Global de Valorización Enerxética, un espazo dedicado exclusivamente á valorización enerxética de residuos municipais para analizar os desafíos estratéxicos e oportunidades do sector, o seu potencial dentro das políticas de xestión de residuos e os últimos avances en innovación tecnolóxica.
O Summit contará coa participación de entidades públicas, administracións autonómicas, operadores líderes na xestión de residuos, enxeñarías especializadas, empresas tecnolóxicas e representantes da industria, que achegarán a súa visión e experiencia sobre os retos e oportunidades da valorización enerxética en España e Europa, así coma o seu papel na economía circular.
Ao longo da xornada abordaranse asuntos fundamentais para o futuro do sector e analizarase o labor da valorización enerxética na xestión sostible dos residuos municipais e a súa contribución aos obxectivos europeos de reciclaxe e de economía circular. Tamén se tratarán cuestións económicas crave para a viabilidade e sostibilidade financeira das instalacións, así coma os últimos avances técnicos e tecnolóxicos aplicados en plantas de referencia. Ademais, compartiranse casos de éxito e presentaranse cápsulas internacionais de innovación. Como peche da xornada, levarase a cabo a presentación e firma do primeiro manifesto en defensa da valorización enerxética.
Tal e como explica Joaquín Pérez Viota, presidente de AEVERSU: “O sector atópase nun momento de cambio de rumbo, un verdadeiro punto de inflexión. Por iso, dentro do AEVERSU Summit, quixemos dar un gran protagonismo á innovación e á tecnoloxía como dous piares esenciais sobre os que asentar o impulso da valorización enerxética e a transición de España cara a unhas políticas de xestión de residuos máis eficientes e aliñadas cos modelos europeos máis sostibles”.
Dentro do marco do Summit, celebrarase tamén AEVERSU TECH, un espazo de diálogo tecnolóxico onde as principais empresas do sector compartirán os seus últimos avances e mostrarán algunhas das tecnoloxías que marcarán a evolución da industria da valorización enerxética e a xestión de residuos nos próximos anos.
Esta primeira edición do AEVERSU SUMMIT conta co respaldo de 11 patrocinadores, incluíndo ACCIONA, FFC, PAPREC, PREZERO, SUEZ, URBASER, VALORIZA, VALTALIA e VEOLIA (patrocinadores Ouro); KANADEVIA INOVA (patrocinador prata); e MAGALDI (colaborador).
Sobre AEVERSU
AEVERSU (Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos) é a agrupación de empresas que transforman os residuos municipais non reciclables en enerxía mediante unha actividade chamada valorización enerxética. Representa á totalidade do sector en España e Andorra. Actualmente, as empresas da Asociación empregan a máis de 2.500 persoas.
Fonte: Aeversu