
- Concíbese como punto de encontro orientado a acelerar a transición ecolóxica da industria e resto de sectores económicos
- Terá lugar os días 23 e 24 de outubro de 2025 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
- Dirixido a empresas, administracións e entidades comprometidas coa sostibilidade, este foro profesional abordará temáticas tales como a descarbonización, a economía circular e a innovación ambiental no eixo Atlántico
Cerceda, a 5 de setembro de 2025.- Os clústeres medioambientais Viratec (Galicia) e Aclima (Euskadi), impulsan a que será a primeira edición de Atlantic Green Hub, un foro profesional erixido en punto de encontro para acelerar a transición ecolóxica da industria a través de solucións ambientais innovadoras, impulsar a competitividade empresarial e fomentar a colaboración entre sectores.
O evento terá lugar os días 23 e 24 de outubro de 2025 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e está dirixido a empresas, administracións e entidades comprometidas coa sostibilidade. No mesmo combinaranse espazos de debate, zona de stands e actividades de networking, abordando temáticas tales como a descarbonización, a economía circular e a innovación ambiental no eixo Atlántico.
O obxectivo desta cita é que as compañías atopen solucións, alianzas e inspiración para integrar a sostibilidade na súa estratexia empresarial e reforzar a súa posición nunha contorna cada vez máis esixente.
Toda a información en https://www.atlanticgreenhub.com/atlantic/es/green-hub
Saúdos, Departamento de Comunicación