- O inicio do curso escolar supón todo un desafío para as familias: regreso á rutina, horarios menos flexibles, novos hábitos, múltiples actividades e un desembolso económico considerable para facer fronte á longa lista de compras
- A aplicación da estratexia dos tres erres (reducir, reutilizar e reciclar) cobra aquí todo o seu sentido, xa que o consumo consciente e responsable, non só contribuirá a coidar o medio ambiente, senón tamén a aforrar diñeiro
Cerceda, 8 de setembro de 2026.- A volta ao cole xa está aquí, con todo o que iso implica. Un novo curso non só supón o regreso á rutina, senón que tamén se traduce en novos proxectos, novos hábitos e novos retos para escolares e familias.
Equipar aos pequenos supón o primeiro desafío, pero antes de lanzarse ás compras compulsivas e adquirir cousas que non se van a utilizar, resulta necesario ter presentes unhas sinxelas recomendacións orientadas a protexer a contorna e, por suposto, a minimizar o impacto que, para as economías domésticas, trae consigo o mes de setembro.
Auditoría e consumo responsable
Os expertos aconsellan realizar, con carácter previo, unha pequena auditoría inicial no fogar para identificar o que temos e o que nos falta: estoxos, regras, compases, tesoiras, cadernos, bolígrafos, lapis, rotuladores, etc.
Se é necesario comprar materiais novos, mellor optar por aqueles máis sostibles e duradeiros, recargables e con menos químicos. Neste sentido, o comercio local é unha excelente oportunidade para activar a economía dos nosos barrios ou pobos, xa que, non só apoiaremos as nosas comunidades, senón que contribuiremos a reducir a pegada de carbono asociada ao transporte.
As plataformas de intercambio ou de compras de segunda man constitúen unha boa opción para facerse con libros, uniformes, tablets e calculadoras.
Saúde, residuo cero e menos emisións
No caso dos recreos, convén dar preferencia ás merendas saudables e ao residuo cero. Isto pasa por descartar os alimentos ultraprocesados con elevado contido en azucre e graxas saturadas, e apostar por alternativas máis sas talles como as froitas, froitos secos e bocadillos caseiros elaborados con pan de boa calidade.
Prescindir dos envases de usar e tirar resulta imperativo. Con tal fin, existen opcións talles como os portabocadillos reutilizables e lavables, tuppers de aceiro inoxidable ou vidro e botellas reutilizables.
Camiñar ou pedalear é a mellor forma de desprazarse se o cole está preto. Se non o está, o autobús ou o coche compartido son os medios máis aconsellables.
Educar en valores
Máis aló da pequena revolución que supón regresar ás aulas, a volta ao cole representa tamén unha oportunidade para educar en valores ambientais. Involucrar aos nenos na preparación do material, ensinarlles a clasificar os residuos ou falarlles da importancia do aforro de auga e enerxía son accións que contribúen dun xeito ou doutra a formar futuros cidadáns responsables.
Saúdos, Departamento de Comunicación