O proxecto Res2ValHum “Valorización de residuos orgánicos: produción de sustancias húmicas”, enmarcado no programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, ten por obxecto promover a compostaxe industrial como ferramenta de xestión de residuos orgánicos, poñendo en valor a utilización do compost resultante en aplicacións diversas, coa conseguinte redución da cantidade de refugallos depositados en vertedoiro.
En todo caso, a pretensión desta iniciativa é transformar os residuos orgánicos en materia prima para a elaboración de fertilizantes biolóxicos de alta calidade e remediación de chans contaminados, ademais doutros posibles usos vinculados á cosmética e accións terapéuticas, xerando produtos de gran valor engadido que poderían abrir a porta igualmente a novas áreas de negocio e emprego.
Workshop sobre compostaxe. Vigo, 25 de outubro de 2018
Workshop sobre compostaxe celebrado no Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda o 4 de xullo de 2019
Xogo "Apúntate al compostaje"