Saúdo do Presidente

A través destas liñas, e como presidente executivo da Sociedade Galega do Medio Ambiente, convídoche a navegar polas distintas seccións desta páxina web a fin de que coñezas con máis profundidade e, sobre todo, con máis rigor e transparencia, quen somos, que facemos, como o facemos e para que o facemos.
Saúdo do Presidente

Somos unha empresa pública autonómica, participada no 54,79% pola Xunta de Galicia e no 45,21% por Naturgy, cuxo labor se centra na xestión sostible dos residuos urbanos a través dun sistema que aplica de forma prioritaria a estratexia das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e que complementa coa recuperación enerxética da parte non reciclable.  

A nosa filosofía empresarial réxese polo máximo aproveitamento e o menor desperdicio, por iso é polo que os esforzos desta compañía diríxanse en todo momento a transformar os residuos en recursos nun marco de economía circular. 

Ata chegar aquí, o camiño que Sogama tivo que percorrer non foi fácil, pero demostramos a nosa capacidade para responder de forma eficiente aos grandes retos, que se renovan ano tras ano cun único obxectivo: mellorar o medio ambiente galego e, por tanto, o benestar e calidade de vida de todos os habitantes desta comunidade. Unha comunidade, Galicia, que soubo conxugar, desde o coñecemento, a reflexión, a experiencia e a razón, a prosperidade e o crecemento económico coa protección dunha contorna natural única que, ademais de achegar saúde e benestar, tamén é fonte de riqueza e emprego. 

No haber desta compañía figura a súa contribución a unha Galicia sostible que debemos seguir preservando desde a corresponsabilidade; no débito, a súa contribución á sustentabilidade das xeracións futuras, un legado para o que seguiremos traballando sen descanso. 

Presidente executivo 
Javier Domínguez Lino 

  

Breve referencia biográfica 

Natural de Pontevedra (1968), Javier Domínguez Lino é Licenciado en Dirección e Administración de Empresas e #Máster en Xestión de Patrimonios. A súa traxectoria profesional comezou no mundo da Banca, sector no que ocupou diferentes cargos. En 2009 deu o salto á entidade pública Xestur Pontevedra, asumindo a función de Xerente e, catro anos máis tarde, pasou a desempeñar o cargo de Coordinador da Zona Sur de Xestur Galicia, S.A, Sociedade encargada de xestionar o chan na comunidade galega.  

En febreiro de 2015 foi nomeado Presidente Executivo de Sogama, cargo que desempeña actualmente. 

Preferencias de cookies