
- No mesmo poderán participar os escolares maiores de 9 anos, cun límite de 50-55 por grupo
- Un equipo de educadores especializados será o encargado de atender aos distintos colectivos, adaptando contidos, explicacións, recursos e operativa ás características dos mesmos
Cerceda, a 10 de setembro de 2025.- Coincidindo co inicio do novo curso académico, Sogama abriu o seu programa de visitas ao Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) para que cada vez sexan máis as persoas que teñan a oportunidade de ver e comprobar en primeira persoa a súa operativa, todo un exemplo de transferencia institucional.
Os grupos interesados poden reservar data a partir deste mesmo momento, lembrando que este programa está concibido para os escolares maiores de 9 anos, coa particularidade de que cada visita non poderá estar integrada por máis de 50-55 persoas.
Un equipo de técnicos e educadores especializados será o encargado de atender aos visitantes, adaptando os contidos, explicacións, recursos didácticos, xogos e operativa ás características de cada colectivo.
A duración da visita sitúase nunha media de 2 horas. Os menores de 18 anos gozarán dun percorrido virtual para o cal serán equipados con lentes inmersivas 360º, unha experiencia única que lles permitirá adentrarse en todas as instalacións que conforman o Complexo. Pola súa banda, os maiores de 18 anos poderán complementar este percorrido con outro guiado a pé.
O Departamento de Comunicación de Sogama está ao dispor dos interesados nos teléfonos 981698512/11/00 e nos correos comunicacion@sogama.es e teric@sogama.es.
Máis información en https://www.sogama.gal/gl/visitas-instalacions
Saúdos, Departamento de Comunicación