
ATENCIÓN AOS GRUPOS DE VISITAS EDUCATIVAS
Destinatarios das visitas educativas:
O Programa de Educación Ambiental de Sogama pon a disposición das persoas interesadas en visitar o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), actividades adaptadas ao perfil dos solicitantes.
As visitas educativas están dirixidas a grupos de escolares menores de 18 anos, dos seguintes niveis educativos: Educación primaria (EP), Educación secundaria obrigatoria (ESO), Formación profesional de grao medio (FPGM) e Bacharelato (BACH).
Obxectivos:
O Programa de atención a grupos de visitas ten como obxectivos:
- Ampliar os niveis de coñecemento de Sogama entre a cidadanía, explicando a súa actividade e o funcionamento das súas instalacións.
- Promover actitudes persoais máis respectuosas coa contorna, fomentando a protección do medio natural e o desenvolvemento sostible.
- Motivar á poboación para a adopción de boas prácticas en relación á separación en orixe dos residuos e o seu depósito nos distintos contedores existentes para a súa recollida selectiva e posterior reciclaxe.
- Sensibilizar na importancia do consumo responsable e a redución da produción de residuos, poñendo exemplos prácticos sobre desperdicio alimentario, reparación de obxectos, doazón solidaria...
- Difundir os principios da economía circular para aproveitar ao máximo os recursos materiais dos que dispoñemos, alongando o ciclo de vida dos produtos e evitando a xeración de residuos.
Metodoloxía e estrutura das visitas educativas:
A metodoloxía empregada na atención aos grupos de visitas educativas caracterízase polo seu dinamismo, interacción e participación activa dos asistentes.
A actividade comeza cunha exposición dinámica de información, que se reforza de forma gráfica, audiovisual e interactiva.
As visitas educativas contarán coa seguinte estrutura de actividades:
- Recepción do grupo na entrada do edificio de oficinas do Complexo Medioambiental de Cerceda, presentación do equipo educativo e entrada na aula educativa.
- Charla informativa e formativa na aula educativa a través dunha presentación dinámica de información e datos sobre as instalacións e a súa funcionalidade, con elementos gráficos e audiovisuais que reforcen as ideas e conceptos chave, e adaptada a cada perfil de visita e a cada nivel educativo.
- Visualización dun vídeo das instalacións (en breve será un vídeo inmersivo a visualizar a través de gafas de realidade virtual).
- Actividades dinámicas adaptadas ao nivel educativo do grupo: contacontos, maratón do lixo, rosco da reciclaxe e resolución de enigmas tipo escape room.
- Recorrido en bus polas instalacións (opcional), sen apearse do mesmo.
- Peche da actividade coa avaliación por parte dos visitantes e despedida do grupo.
ATENCIÓN AOS GRUPOS DE VISITAS SOCIAIS E TÉCNICAS
O Programa de Educación Ambiental de Sogama pon a disposición das persoas adultas interesadas en visitar o Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña) unha atención adaptada ao perfil dos solicitantes.
Obxectivos:
O Programa de atención a grupos de visitas ten como obxectivos:
- Ampliar os niveis de coñecemento de Sogama entre a cidadanía, explicando a súa actividade e o funcionamento das súas instalacións.
- Promover actitudes persoais máis respectuosas coa contorna, fomentando a protección do medio natural e o desenvolvemento sostible.
- Motivar á poboación para a adopción de boas prácticas en relación á separación en orixe dos residuos e o seu depósito nos distintos contedores existentes para a súa recollida selectiva e posterior reciclaxe.
- Sensibilizar na importancia do consumo responsable e a redución da produción de residuos, poñendo exemplos prácticos sobre desperdicio alimentario, reparación de obxectos, doazón solidaria...
- Difundir os principios da economía circular para aproveitar ao máximo os recursos materiais dos que dispoñemos alongando o ciclo de vida dos produtos e evitando a xeración de residuos.
Destinatarios:
Nesta tipoloxía inclúense os grupos de persoas de 18 e máis anos, tales como:
- Colectivos veciñais, culturais e sociais
- Estudantes de formación profesional de grao superior
- Estudantes universitarios e de posgrao
- Profesionais de empresas privadas
- Representantes e técnicos das administracións públicas
Estrutura da visita:
A actividade educativa está estruturada para cada tipoloxía de visita, contando coa seguinte secuencia de actividades:
- Recepción do grupo na entrada do edificio de oficinas do Complexo Medioambiental de Cerceda, presentación do equipo educativo e entrada na aula educativa.
- Charla informativa e formativa na aula educativa a través dunha presentación dinámica de información e datos sobre as instalacións e a súa funcionalidade, con elementos gráficos e audiovisuais que reforcen as ideas e conceptos chave e adaptada a cada perfil de visita e a cada nivel educativo.
- Recorrido polas instalacións (que será a pé se a operativa da instalación e as características do grupo o permiten), para observar in situ a súa actividade e funcionamento.
- Peche da actividade coa avaliación da mesma por parte dos visitantes e a despedida do grupo.