
- A futura normativa permitirá incorporar a reciclaxe química no cumprimento dos obxectivos
Cerceda, a 16 de xullo de 2025.- A Comisión Europea lanzou unha consulta pública sobre a proposta de normas para calcular, verificar e informar o contido reciclado nas botellas de plástico dun só uso para bebidas, incluíndo o procedente da reciclaxe química. Esta iniciativa permitirá aplicar a reciclaxe química dentro do marco da Directiva de Plásticos dun Só Uso (SUP) e facilitará á industria alcanzar os obxectivos de contido reciclado establecidos.
O novo regulamento —cuxo borrador pode comentarse ata o 19 de agosto a través do portal Have Your Say— forma parte do Plan de Acción para a Industria Química da UE, cuxo obxectivo é reforzar a competitividade do sector e avanzar cara a unha produción máis segura, sostible e innovadora.
Unha normativa clave para sectores estratéxicos
É a primeira vez que a UE regula o contido reciclado químicamente, e o modelo exposto servirá de base para futuras normativas similares en sectores coma os envases, a automoción ou o téxtil. O obxectivo é dar confianza aos investidores sobre a estabilidade normativa e o potencial da reciclaxe avanzada.
Aínda que a reciclaxe mecánica continúa a ser a opción preferente polo seu menor impacto ambiental, a Comisión recoñece que a reciclaxe química pode ser necesaria para alcanzar estándares de calidade máis altos, como es el caso de los envases alimentarios.
Fonte: Comisión Europea