- A través de tres anuncios, a organización mostra a historia de tres persoas ás que unha voz en off lles formula preguntas introspectivas en torno a malos hábitos relacionados co consumo de medicamentos, á vez que lles mostra, a modo de consellos, a importancia de depositar os envases baleiros ou con restos de medicamentos no Punto SIGRE das farmacias
Cerceda, 4 de novembro de 2025.- Baixo o lema “Buen Punto”, SIGRE lanzou unha nova campaña de sensibilización que aúna humor, saúde e medio ambiente, coa que pretende promover a reflexión da cidadanía sobre o adecuado uso dos medicamentos e a xestión dos seus residuos.
Esta iniciativa lembra a importancia de revisar o botiquín do fogar cada seis ou doce meses, e incide en que os medicamentos caducados, que xa non se usan, que están en mal estado ou que non foron correctamente conservados pola calor ou a luz, deben ser levados ao Punto SIGRE das farmacias, xunto coa súa caixa e prospecto.
A campaña circula por diferentes medios, coa particularidade de que os interesados poderán atopar nas oficinas de farmacia folletos con información sobre a mesma, destacando tamén a figura do farmacéutico para resolver as súas dúbidas. Un profesional clave que, non só asesora e informa á poboación sobre o uso e consumo do medicamento, senón que se ten convertido nun axente ambiental para a correcta xestión dos residuos de medicamentos.
A campaña, conformada por tres anuncios, mostra a historia de tres persoas ás que unha voz en off lles formula preguntas introspectivas en torno a malos hábitos relacionados co correcto uso dos medicamentos, e que tamén lles mostra, a modo de consellos, que depositar os envases baleiros ou con restos de medicamentos no Punto SIGRE é un “bo punto”, xa que elimina o risco que supón para a saúde o consumo de medicamentos sobrantes ou caducados, e evita a contaminación dos nosos ríos e solos.
Más reciclaxe
Os últimos datos presentados por SIGRE indican que a reciclaxe de envases baleiros ou con restos de medicamentos creceu en España un 4% durante o primeiro semestre de 2025 respecto do mesmo período do ano anterior.
Con todo, a organización tamén lembra que o mellor residuo é o que non se produce, de aí o esforzo realizado pola industria farmacéutica para minimizar o impacto ambiental dos envases de medicamentos, logrando que cada vez sexan máis sostibles e reciclables.
Desde o ano 2000, as compañías farmacéuticas implementaron máis de 3.500 iniciativas de ecodeseño sobre os seus envases. Grazas a este esforzo continuo, cada ano póñense no mercado español preto de 500 millóns de fármacos (un de cada tres) con algunha mellora ambiental no seu envase.
Fonte e imaxe: SIGRE