
- A cifra total de alimentos desperdiciados alcanzou os 58,2 millóns de toneladas, un 0,7 % máis que no ano anterior
- Máis da metade (53%) provén dos fogares, o que representa 69 quilos por habitante
Cerceda, 21 de outubro de 2025.-O desperdicio alimentario na Unión Europea continúa a ser unha das principais materias pendentes no ámbito da sostibilidade e un dos grandes desafíos ambientais, sociais e económicos.
Segundo o último informe publicado por Eurostat, en 2023, a cifra de residuos alimentarios ascendeu a 58,2 millóns de toneladas, o que equivale a 130 quilos de comida desperdiciada por persoa. O dato inclúe tanto as partes comestibles como as non comestibles, e supón un incremento do 0,7 % respecto a 2022, cando se rexistraron 57,8 millóns de toneladas.
Más da metade do desperdicio alimentario (53%) provén dos fogares europeos, o que representa 69 quilos por habitante. Séguenlle, aínda que con certa distancia, os procesos industriais vinculados á fabricación de alimentos e bebidas, responsables do 19 % do total (24 kg por persoa).
O sector da restauración e os servizos de comida xerou un 11% (14 kg por persoa), mentres que a produción primaria —como a agricultura ou a pesca— representou un 10% (12 kg por persoa). Por último, o comercio retallista e a distribución concentraron o 8% restante (10 kg por persoa).
Neste contexto, a nova Directiva Marco de Residuos revisada, que acaba de entrar en vigor, establece por primeira vez obxectivos vinculantes de redución do desperdicio alimentario: un 10 % menos na fabricación e procesamento e un 30 % menos per cápita na venda e o consumo antes de 2030.
Fonte: Eurostat
Imaxe: Freepik