Idiomas

Cando tiramos un alimento ao lixo, tamén desperdiciamos os recursos investidos na súa produción

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Así o explicou Héctor Barco no programa radiofónico Ecovoz,  donde analizou a problemática que, na actualidade, representa o desperdicio alimentario, presente en toda a cadea.
  • Un de cada tres kilos de alimentos que se producen no planeta, e que son válidos para o consumo humano, estanse a tirar  ao lixo.
  • Barco chama a atención sobre un fenómeno con importantes implicacións ambientais, económicas, sociais e  éticas, e que precisa da colaboración de todos. “Somos cidadáns e consumidores, e temos a nosa parte de responsabilidade”.
  • Incidiu na necesidade de abandonar o modelo lineal e transitar cara a unha economía circular que diminúa a xeración de residuos e propicie a transformación de estes en recursos.
  • No Joint Research Centre de Italia, centro de investigación da Comisión Europea donde está realizando actualmente unha estancia, estuda como cuantificar, de forma robusta e clara, o desperdicio alimentario en distintos territorios. Tamén como medir o impacto ambiental de este fenómeno, como solucionar o problema e como replicar as boas prácticas en Europa e fóra de Europa.

Cerceda, a 21 de febreiro de 2019.- Unha das pasións de Héctor Barco, especialista en medio ambiente e ordenación do territorio, é o estudo do desperdicio alimentario. Non recorda con exactitude o momento no que esta temática espertou o seu interés. Probablemente, tal e como sinalou nunha entrevista concedida ao programa Ecovoz, emitido por Radio Voz Galicia, foi a extraordinaria influencia dos seus profesores durante a etapa escolar e moi especialmente a súa familia, que sempre o educaron no respecto e coñecemento da Natureza.

Xa entón mostraba unha especial sensibilidade cara a bioloxía e a naturaleza, grazas tamén ao privilexio de ter tido unha infancia nunha contorna rural, concretamente nos municipios extremeños de Fregenal da Serra e Fontes de León.

Conforme a súa formación ía avanzando, o seu interese estendeuse ao medio ambiente na súa globalidade, área na que traballa actualmente.

O desperdicio alimentario representou para él unha verdadera preocupación a partir do ano 2008 e siguintes. No marco da crise económica a nivel mundial e o incremento dos índices de pobreza, resultaba evidente que os bancos de alimentos necesitaban axuda e comida e, paradoxicamente, o desperdicio alimentario tamén se facía moi patente. Colaborou como voluntario no banco de alimentos de Sevilla e viviu moi de preto esta situación.  Chegou á conclusión de que era un área con gran potencial e na que necesariamente había que traballar, e a isto addica a súa vida profesional.

UN PROBLEMA CON MOITAS ARISTAS

A diferenza do que parte da poboación poida crer, o desperdicio alimentario atópase en toda a cadea agroalimentaria: desde que plantamos e cultivamos os produtos ata que se distribúen e consomen. O dramático é que, tal e como sinalou Barco  Cobalea, un de cada tres quilos de alimentos que se producen, e que son válidos para o consumo humano, están a tirar ao lixo; un problema que, ademais das súas consecuencias económicas, sociais e éticas, ten un considerable impacto ambiental pois, tal e como explicou, cando arroxamos un tomate ao cubo do lixo, estamos a dilapidar recursos naturais que investimos para cultivalo (terra, auga, combustible, traballo dos agricultores, emisións de gases efecto invernadoiro, etc). Os datos son aínda escasos e están  deslocalizados. De aí o alcance da tese doutoral na que está inmerso nestes momentos.

Héctor Barco chama a atención sobre un problema que precisa da colaboración de todos. “Somos cidadáns e consumidores, e temos a nosa parte de responsabilidade”, precisou. A mala planificación no supermercado, as compras apresuradas pola falta de tempo, a confusión entre data de caducidade e data de consumo preferente, e a falta de método para conservar os alimentos son algunhas das malas prácticas que fan que a cantidade de comida desperdiciada siga crecendo.

Afortunadamente, xa hai empresas que están a tomar cartas no asunto e mesmo restaurantes que se distinguen por evitar o desperdicio alimentario. Este tipo de empresas e restaurantes son os que, ao seu xuízo, deben ser premiados polos consumidores mediante o uso preferente dos seus servizos fronte a outras alternativas menos comprometidas, unha cuestión que exercería de círculo virtuoso, xa que desprazaría a moitas entidades non comprometidas nesta materia.

DENTRO DO CÍRCULO

Tal e como explicou, a economía funciona de forma lineal, é dicir, extraemos recursos para xerar produtos que, ao cabo dun tempo, nalgúns casos períodos cada vez máis curtos, acaban no lixo. A  circularidade alcanzarase cando sexamos capaces de reducir a actual xeración de residuos e aqueles que non se poidan evitar, pois que sexan transformados en recursos para ser reutilizados. Para isto, precísanse solucións innovadoras e, como exemplo, puxo o caso dos cueiros usados nun hospital de Grecia que están a servir para quentar as instalacións de toda a infraestrutura.

No  Joint  Research Centre de Italia, centro de investigación da Comisión Europea onde está actualmente realizando unha estancia, estuda como cuantificar, de forma  robusta e clara, o desperdicio alimentario en distintos territorios. Tamén como medir o impacto ambiental deste fenómeno, como solucionar o problema e como  replicar as boas prácticas en Europa e fóra de Europa.

PERFIL

Héctor Barco Cobalea é Licenciado en Ciencias Ambientais pola Universidade Pablo de  Olavide e Máster sobre a Ordenación Territorial na área Mediterránea na mesma Universidade. Traballou en distintas institucións tales como o  Priority  Actions  Programme/Rexional  Activity  Center ( PAP/ RAC) de Nacións Unidas, o  Coastal & Marine  Research Centre ( CMRC), a Axencia de Medio Ambiente e Auga da Xunta de  Andalucía ou a Universidade Pablo de  Olavide.

Actualmente atópase realizando o doutoramento na Universidade de  Deusto sobre a redución das actuais taxas de malgasto alimentario a nivel local e  supralocal. A súa tese doutoral forma parte do proxecto europeo  Waste4 Think, que ten que ver coa economía circular, e, nestes momentos, atópase realizando unha estancia no centro de investigación da Comisión Europea  Joint  Research Centre.

Non é de estrañar que, con este dilatado currículum, a súa visión ambiental sexa extraordinariamente ampla. É por isto que insiste en que o medio ambiente non se debe abordar como algo illado, debido a que forma parte da vida no seu conxunto. Todo ten implicacións sobre a contorna e por esta razón o medio ambiente debe formar parte de todas e cada unha das políticas.

Saúdos, Departamento de Comunicación

21 Feb 2019

Galería