
- Este plan garante que as accións en materia de investigación e innovación contribúan a executar as prioridades da UE, entre elas unha Europa climáticamente neutra e verde, unha Europa adaptada á era dixital e unha economía ao servizo das persoas.
Cerceda, a 24 de marzo de 2021.- A Comisión Europea adoptou o primeiro plan estratéxico para Horizonte Europa, o novo programa de investigación e innovación da UE por valor de 95 500 millóns de euros.
Este plan establece as orientacións estratéxicas para o destino dos investimentos no primeiros catro anos do programa. Garante que as accións en materia de investigación e innovación contribúan a executar as prioridades da UE, entre elas unha Europa climáticamente neutra e verde, unha Europa adaptada á era dixital e unha economía ao servizo das persoas.
Establece así catro puntos fundamentais:
- Promover unha autonomía estratéxica aberta liderando o desenvolvemento de tecnoloxías, sectores e cadeas de valor dixitais, capacitadores e emerxentes que se consideren clave.
- Restaurar os ecosistemas e a biodiversidade de Europa, e xestionar os recursos naturais de maneira sostible.
- Converter a Europa na primeira economía circular, climáticamente neutra e sostible, baseada na tecnoloxía dixital.
- Crear unha sociedade europea máis resiliente, inclusiva e democrática.
A cooperación internacional sustenta estes catro piares, xa que é esencial para facer fronte a moitos retos mundiais.
O plan estratéxico tamén identifica as asociacións europeas cofinanciadas e coprogramadas, así como as misións da UE que deben recibir apoio a través de Horizonte Europa.
As asociacións cubrirán ámbitos cruciais como a enerxía, o transporte, a biodiversidade, a saúde, a alimentación e a circularidade, e complementarán as dez asociacións europeas institucionalizadas propostas pola Comisión en febreiro.
As misións da UE abordarán os retos mundiais que afectan á nosa vida cotiá, establecendo obxectivos ambiciosos tales como a adaptación ao cambio climático, a protección dos nosos océanos, a transformación verde das cidades e a garantía da saúde do solo e dos alimentos.
O plan elaborouse tras un amplo proceso de deseño conxunto no que participaron o Parlamento Europeo, os Estados membros, as partes interesadas e o público xeral. Presentáronse máis de 8000 contribucións en diversas fases do proceso de planificación estratéxica.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Pixabay