
- O Knowledge Hub é unha biblioteca colaborativa de casos de estudo de economía circular aberta á participación de persoas e organizacións interesadas na transición cara a este novo modelo sostible.
Cerceda, a 23 de marzo de 2021.- Recentemente, Circle Economy anunciou o lanzamento da nova versión da súa «Knouledge Hub» ou centro de coñecemento, unha biblioteca de colaboración aberta para casos de estudo sobre economía circular.
Calquera persoa interesada en contribuír á transición global cara a unha economía circular -desde empresarios, innovadores e investigadores ata responsables políticos, consultores e educadores- pode agora cooperar abertamente na adición e edición de casos de estudo a esta biblioteca global.
Martijn Lopes Cardozo, director xeral de Circle Economy, indicou que «As testemuñas son fundamentais para inspirar a acción. Ao mesmo tempo, o campo da economía circular continúa a estar fragmentado e o coñecemento adoita ser de difícil acceso. Ao facer que este coñecemento sexa abertamente accesible e permitir que calquera persoa que queira apoiar a transición cara a unha economía circular contribúa cos seus coñecementos nun lugar compartido, pretendemos salvar esta brecha».
Ao recompilar máis de 2.000 casos de estudo, facelos accesibles no Knowledge Hub e etiquetalos con información crave como os sectores relevantes, os impactos ou a localización, preténdese eliminar esta barreira ao coñecemento.
Nos últimos anos, o centro de coñecemento experimentou un aumento constante de lectores, con máis de 1.500 visitantes mensuais directos e 10 organizacións asociadas, entre elas ICLEI, o Circular Economy Club, o Centro Australiano de Economía Circular Planet Ark ou Zero Waste Europe.
«O intercambio de coñecementos a través dunha base de datos de código aberto con exemplos convincentes do que funciona e o que non, é crucial para desenvolver con éxito unha coalición global de profesionais da economía circular. Só xuntos podemos desafiar á economía lineal dominante e cambiar as regras do xogo para que o noso legado sirva aos intereses das nosas futuras xeracións», afirmou Jelmer Hoogzaad, fundador de Shifting Paradigms.
AO ESTILO DE WIKIPEDIA
Miles de persoas de todo o mundo están a recompilar casos para demostrar o potencial da economía circular: desde profesores que buscan exemplos para mostralos nos seus cursos de sostibilidade ou innovación empresarial, ata plataformas rexionais de economía circular que traballan para recompilar casos de estudo rexionais.
Ao permitir que todo o mundo engada e edite calquera caso de estudo no centro de coñecemento, da mesma maneira que o fai Wikipedia, pódese aproveitar o poder colectivo dos defensores da circularidade en todo o mundo e fomentar o espírito de colaboración aberta, tan crucial para a transición á economía circular.
No crecemento do Knowledge Hub, sempre se dou prioridade á amplitude sobre a profundidade para garantir que se poida atopar o coñecemento. Agora, para garantir que a profundidade tamén estea dispoñible na biblioteca, os expertos en economía circular e na industria están a asumir o papel de «curadores», revisando e dando un selo de aprobación aos casos que superan os limiares de calidade.
Fonte: Residuos Profesional
Imaxe: Pexels