
- O período de comentarios estará aberto ata o 6 de novembro de 2025
- Esta lei ten como obxectivo acelerar a transición cara a unha economía máis circular, aumentando a seguridade económica, a resiliencia, a competitividade e a descarbonización da Unión Europea
Cerceda, a 4 de agosto de 2025.- A Comisión Europea lanzou o pasado 1 de agosto unha consulta pública e unha convocatoria de probas para a próxima Lei de Economía Circular. A pretensión recompilar información dunha ampla gama de partes interesadas, así como do público en xeral, e comprender mellor os obstáculos e as oportunidades para un despregamento máis amplo da economía circular.
A lei ten como obxectivo acelerar a transición cara a unha economía máis circular, aumentando a seguridade económica, a resiliencia, a competitividade e a descarbonización da Unión Europea. A súa adopción está prevista para 2026, tendo, entre as súas prioridades, establecer un mercado único de materias primas secundarias, aumentar a oferta de materiais reciclados de alta calidade e estimular a demanda dos mesmos na UE.
Ademais, a norma concíbese como unha peza fundamental do marco lexislativo europeo para a competitividade e a sostibilidade industrial, totalmente coherente con instrumentos como:
• A Brúxula de Competitividade
• O Pacto Industrial Limpo
• A Estratexia do Mercado Único
• O Plan de Acción do Aceiro e os Metais
• Lexislacións recentemente adoptadas coma:
- O Regulamento sobre deseño ecolóxico para produtos sostibles
- O Regulamento sobre envases e residuos de envases
- A Lei de materias primas críticas
En conxunto, a iniciativa aspira a posicionar á UE como referente mundial en economía circular, garantindo ao mesmo tempo unha contorna industrial adaptada aos retos materiais, climáticos e tecnolóxicos do século XXI.
O prazo para enviar comentarios está aberto ata o 6 de novembro de 2025.
Fonte: Comisión Europea
Imaxe: Freepik