- Educadores desta empresa pública impartiron sesións formativas no CPR Ángel de la Guarda, incidindo na correcta selección daqueles residuos que, dadas as súas características, poden levar a equívocos ou ben están conformados por distintos materiais
- Entre outras cuestións, os pequenos interesáronse nas razóns polas cales os contedores marróns, nos que deben introducir a materia orgánica, están pechados, precisándose dunha chave ou tarxeta para abrilos
Cerceda, 10 de decembro de 2025.- Preto de cen alumnos de primaria (de 5º a 6º curso) do Colexio Ángel de la Guarda de Nigrán (Pontevedra), recibiron formación por parte de educadores de Sogama para mellorar a súa achega á reciclaxe a través da correcta recollida selectiva das distintas fraccións de residuos.
As sesións foron aproveitadas polos pequenos para consultar dúbidas respecto do contedor de destino de determinados materiais, especialmente no caso do amarelo, concibido para acoller unicamente os envases e envoltorios de plástico (non calquera tipo de plástico), así como as latas e os briks.
Tamén realizaron múltiples preguntas sobre o bo uso do punto limpo municipal, cuxa función é facer acopio daqueles residuos de carácter especial ou perigoso xerados no fogar, ou en pequenas empresas, e que, dadas as súas características, non poden ser introducidos nos contedores da rúa, debendo recibir un tratamento específico por parte de xestores autorizados.
Compostaje
Outras das cuestións formuladas centráronse no contedor marrón, cuxa función é recoller a materia orgánica xerada nos domicilios ou en grandes produtores, para ser transportada finalmente a unha planta de biorresiduos, onde, tras o correspondente proceso industrial, convértese en compost, un abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para os cultivos, ao sque tamén protexe fronte a pragas e enfermidades.
O interese dos escolares residía fundamentalmente nas razóns polas cales este recipiente se atopa pechado, precisando o usuario dunha chave, ou ben dunha tarxeta, para abrilo e depositar no mesmo a súa bolsa de orgánicos, que tamén debe ser compostable.
Neste sentido, explicóuselles que o peche constituía unha medida para impedir a entrada de impropios, e que a solicitude de chave ou tarxeta por parte dos cidadáns representaba un xesto e, en boa medida, unha garantía de colaboración.
Durante a xornada, os alumnos tamén expuxeron a súa experiencia no ámbito do autocompostaje, xa que o colexio dispón dun composteiro ao que un grupo de nenos leva os restos de alimentos xerados no comedor e outro grupo encárgase do voltear e airear a mestura, así como da supervisión dos parámetros que influirán no resultado final, como é o caso do osíxeno, a temperatura e a humidade.
Saúdos, Departamento de Comunicación