
- Isto foi posible grazas á colaboración da cidadanía, así como á optimización das plantas de selección, RU e compostaxe
- ARPAL centra agora os seus esforzos en superar o 60% esixido para 2030
Cerceda, a 9 de xullo de 2025.- Conforme á nova metodoloxía recollida no Real Decreto 1055/2022 de envases e residuos de envases, España reciclou en 2024 un total de 297 toneladas de envases de aluminio e fíxoo a través de distintos fluxos como son as plantas de selección, de Residuos Urbanos (RSU) e compostaxe, as recollidas selectivas fóra do fogar e as escouras de incineradora. Esta cifra supón un 50,7 % do total de envases de aluminio postos no mercado.
A Directiva Europea 2018/852 do Parlamento Europeo e do Consello establece que, en 2025, debe reciclarse o 50% dos envases de aluminio e, en 2030, o 60%. Grazas ao esforzo dos cidadáns mediante o depósito destes materiais no contedor amarelo, e á optimización das infraestruturas industriais de residuos, púidose alcanzar o obxectivo previsto para este ano
O traballo de ARPAL (Asociación para a Reciclaxe de Produtos de Aluminio creada fai tres décadas) diríxese agora a promover a maior colaboración da poboación, co foco posto en 2030, e para isto, en alianza con outras entidades, desenvolve un gran número de proxectos en todo o territorio español, destacando as actividades didácticas e de divulgación orientadas á contorna educativa.
Todo o aluminio que se recupera, recíclase. Non en van, é o material de envase con maior valor no mercado, coa particularidade de que no proceso de reciclado non cambian as súas propiedades. De feito, grazas á reciclaxe, o 75% de todo o aluminio fabricado hai 100 anos atópase actualmente en uso, aforrando un 95% da enerxía necesaria para producilo a partir do mineral bauxita.
Fonte: ARPAL