- Esta cifra equivale ao consumo de case 36.000 millóns de litros de auga e unhas emisións de 37.000 toneladas de dióxido de carbono
- Así se deduce dunha investigación liderada pola Estación Experimental de Zonas Áridas (EEZA) do CSIC
Cerceda, 3 de decembro de 2025.-Unha investigación liderada pola Estación Experimental de Zonas Áridas (EEZA) do CSIC revela que España refugou, no período 2018-2024, máis de 480.000 toneladas de froitas e hortalizas antes de entrar no circuíto comercial, o que equivale ao consumo de case 36.000 millóns de litros de auga -14.400 piscinas olímpicas— e unhas emisións de 37.000 toneladas de dióxido de carbono.
O desequilibrio entre a demanda e a dispoñibilidade de auga, agravado polo cambio climático, sitúa a España entre os países con maior estrés hídrico do mundo: máis do 60 % do seu territorio corresponde a zonas áridas. Malia disto, o país desenvolveu un potente sector agrícola sustentado no uso intensivo de recursos hídricos.
Cada froita ou hortaliza descartada representa, non só un alimento perdido, senón tamén a auga, a enerxía e as emisións asociadas á súa produción. Para os investigadores, o problema vai máis aló das cifras e urxen a avanzar cara a un modelo agrícola máis sostible que equilibre rendibilidade e eficiencia no uso dos recursos naturais.
Os resultados do estudo foron publicados na revista Water.
Fonte: CSIC