
- O certame enmárcase no Día Mundial da Alimentación e está orientado a nenos e mozos de entre 5 e 19 anos de idade
- A convocatoria permanecerá aberta ata o próximo 7 de novembro
- Os gañadores, designados por un xurado, serán promocionados polas oficinas da FAO en todo o mundo e recibirán un certificado, así como unha bolsa de agasallo sorpresa
Cerceda, a 1 de setembro de 2025.- A FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) puxo en marcha unha nova edición do concurso de carteis creativos orientado a enxalzar os beneficios que unha mellor alimentación ten para un futuro sostible, próspero e seguro.
A convocatoria, que se lanzou o pasado 1 de xullo, enmárcase no Día Mundial da Alimentación (16 de outubro) e permanecerá aberta ata o próximo 7 de setembro, podendo participar na mesma nenos e mozos de entre 5 e 19 anos de idade que vivan en calquera parte do mundo.
O certame estrutúrase en tres categorías, isto é, de 5 a 8 anos, de 9 a 12 e de 16 a 19 anos, e será un xurado quen seleccionará 15 carteis de cada unha (60 carteis en total) para a lista de finalistas e notificarao en decembro de 2025. Acto seguido designaranse os tres carteis gañadores de cada unha das tres categorías. Os campións serán promocionados polas oficinas da FAO en todo o mundo e recibirán un certificado, e unha bolsa de agasallo sorpresa.
Requisitos
Tal e como figura nas bases, os carteis pódense debuxar, pintar ou esbozar con bolígrafos, lapis de cores ou carboncillos, empregando pintura ao óleo, acrílica ou acuarelas, ou ben utilizando unha combinación de materiais. Así mesmo, pódense deseñar dixitalmente, pero non se permiten fotografías e tampouco obras que inclúan contido xerado por ferramentas de Intelixencia Artificial (IA) xenerativa. Ademais, todos os traballos deben ser orixinais e non conter logotipos ou imaxes fotográficas do concursante ou outra información persoal.
Queda a opción dos autores, acompañar o cartel cun texto. En caso de incluílo, este non poderá superar as 25 palabras ou os 100 caracteres.
Só pódense enviar os carteis utilizando o formulario de inscrición previsto para ese efecto e unicamente aceptaranse arquivos dixitais en formato JPEG.
A FAO pretende que os carteis achegados inspiren accións para o futuro que podemos construír man da man coas persoas, as comunidades e a natureza.
Fonte e imaxe: FAO