
- Trátase dunha alianza de carácter voluntario e multisectorial cuxo obxectivo é traballar por unha acción mundial unificada en resposta á COVID-19 e os riscos que esta suscita para os sistemas agroalimentarios.
- Así mesmo, axudará aos países a retomar a senda para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de aquí a 2030, en particular os destinados a poñer fin á fame e á pobreza.
Cerceda, a 27 de novembro de 2020. - A necesidade dunha acción conxunta para evitar que a urxencia sanitaria internacional provocada polo coronavirus (COVID-19) desencadee unha crise alimentaria mundial de efectos devastadores, dou a bienvenida a un novo instrumento, a Coalición alimentaria, presentada formalmente pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO).
Trátase dunha alianza de carácter voluntario, multisectorial e na que conflúen diversas partes interesadas, cuxa función é apoiar iniciativas innovadoras a fin de garantir o acceso mundial aos alimentos e aumentar a resiliencia dos sistemas agroalimentarios, encamiñándoos cara a unha maior sostibilidade. Así mesmo, axudará aos países a retomar a senda para lograr os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de aquí a 2030, en particular os destinados a poñer fin á fame e á pobreza.
O interese na Coalición alimentaria é notable entre os membros do G-20, o que indica unha base potencial de recursos e promoción no que se refire aos coñecementos especializados, o compromiso político e a mobilización de fondos.
A COVID-19 podería engrosar as filas de persoas desnutridas no mundo con 132 millóns máis este ano, xunto cos 690 millóns que xa existían en 2019, o que pon de manifesto o desafío que a pandemia suscita para a erradicación da fame de aquí a 2030.
A actual crise sanitaria terá efectos a longo prazo na seguridade alimentaria, ao afectar á produción, a saúde dos agricultores e o acceso aos mercados, os empregos e medios de vida rurais. O obxectivo da Coalición alimentaria é traballar por unha acción mundial unificada en resposta á COVID-19 e os riscos que esta suscita para os sistemas agroalimentarios. A alianza entraña un fondo fiduciario especializado e unhaplataforma web que permite aos participantes acceder a información e outros datos centrados nos proxectos, así como ao financiamento e os tipos de asistencia necesarios.
Fonte: FAO
Imaxe: Pixabay