
- Alerta de que a industria dos residuos, que xa achega 41.000 millóns de euros en ingresos, o 5% do VAB industrial e o 7% do emprego do sector, apenas está recoñecida no Proxecto de Lei de Industria e Autonomía Estratéxica
- Reclama que a economía circular sexa un eixo prioritario da futura norma para reforzar a autonomía estratéxica do país.
Cerceda, a 16 de setembro de 2025.– A Fundación Fórum Ambiental, coordinadora do grupo de traballo ESGREM (Entes Supramunicipais para a Xestión de Residuos Municipais), do que é membro Sogama, presentou en días pasados, á Comisión de Industria do Congreso, un documento con 16 propostas de mellora ao Proxecto de Lei de Industria e Autonomía Estratéxica (PLIAE). O obxectivo destas propostas é garantir a autonomía estratéxica de España e favorecer a reindustrialización mediante a economía circular e a consolidación da industria dos residuos, un sector que xa achega 41.000 millóns de euros en ingresos, preto do 5% do VAB industrial e o 7% do emprego industrial
“Non se pode falar de autonomía estratéxica sen garantir materias primas propias a través da economía circular. España non pode permitirse depender do exterior nun momento crave de reindustrialización”, afirmou Leandro Barquín Clopés, director da Fundación Fórum Ambiental.
Propostas principais
As achegas da Fundación inclúen:
- Recoñecer á economía circular como obxectivo expreso do PLIAE e reforzar os mercados de materias primas secundarias.
- Incluír de maneira explícita á industria dos residuos no ámbito da lei, un sector que achega máis que o farmacéutico ou o téxtil.
- Crear unha Axencia de Economía Circular Industrial, que impulse produtos reutilizados, fomente a simbiose industrial e asesore na xestión de subprodutos.
- Investir en infraestruturas estratéxicas para a xestión de residuos, imprescindibles para cumprir os obxectivos europeos de reciclaxe e redución de vertedura.
- Simplificar trámites normativos para acelerar a reutilización e a valorización de materiais.
“O sector dos residuos xa xera máis riqueza que industrias históricas como a téxtil ou a farmacéutica, e ademais crea emprego local e non deslocalizable. Reforzar o seu papel na Lei de Industria é apostar por competitividade, sostibilidade e resiliencia”, engadiu Barquín.
Unha oportunidade para liderar en Europa
A Fundación lembra que o PLIAE é unha ocasión única para aliñar a política industrial española co Compás de Competitividade da UE e o Pacto por unha Industria Limpa, consolidando a España como referente europeo en economía circular.
Fonte: Fundación Fórum Ambiental