
- WEEE Forum e entidades asociadas expresaron o seu respaldo aos obxectivos da nova normativa, aínda que tamén advirten sobre a necesidade de abordar desafíos críticos para que o novo marco legal sexa eficaz e economicamente viable
Cerceda, a 23 de xullo de 2025.- WEEE Forum, xunto con asociacións europeas tales como APPLIA, CCIA, CECAPI, DIGITALEUROPE, EPTA, Eurovent, Lighting Europe, Orgalim e Toy Industrias of Europe, expresou o seu respaldo aos obxectivos da futura Lei de Economía Circular (CE Act) da Unión Europea, toda vez que representa unha oportunidade estratéxica para acelerar a transición cara a unha economía limpa, eficiente no uso dos recursos e competitiva, especialmente en sectores coma o dos equipos eléctricos e electrónicos (RAEE).
As entidades asinantes comprométense a colaborar de forma activa no seu desenvolvemento e aplicación, valorando especialmente o enfoque en aspectos clave tales como a libre circulación de materias primas secundarias, o acceso a reciclaxes de alta calidade, a redución de custos de materias primas para a produción sostible, a simplificación da normativa sobre residuos electrónicos, o establecemento de criterios claros de “fin de residuo” e o fomento de modelos empresariais circulares e innovadores.
Con todo, o sector tamén advirte da necesidade de abordar seis desafíos críticos para que o novo marco legal sexa eficaz e economicamente viable:
• Obstáculos normativos e necesidade de igualdade de condicións na economía circular.
• Fragmentación do mercado europeo, que dificulta a harmonización e escalabilidade das solucións circulares.
• Dificultades para garantir unha subministración competitiva e estable de materiais secundarios.
• Calidade inconsistente dos materiais reciclados, que limita o seu aproveitamento industrial.
• Obxectivos de recollida de RAEE pouco realistas ou ineficientes nalgúns países.
• Falta dunha vixilancia e cumprimento eficaces, que debilita o funcionamento do sistema.
O WEEE Forum e o resto de entidades asinantes consideran que estes retos deben abordarse desde unha visión integral que combine ambición ambiental con viabilidade económica e técnica, garantindo unha contorna regulatorio estable que fomente o investimento e a innovación.
Fonte: WEEE Forum
Imaxe: Pixabay