- O presidente de Sogama, Javier Domínguez, asiste ao acto inaugural deste evento, que arrinca hoxe en Santiago
- Promovido e organizado por Viratec e AClima, o obxecto deste encontro pioneiro é promover o intercambio de ideas, ferramentas e solucións innovadoras para fomentar a competitividade empresarial e a economía circular, e acelerar a descarbonización industrial
Santiago, 23 de outubro de 2025.- A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolle hoxe e mañá o Atlantic Green Hub, un encontro pioneiro promovido e organizado por Viratec (Clúster Galegp de Solucións Ambientais e Economía Circular) e Aclima (Basque Environment Clúster do País Vasco), cuxo obxecto é promover o intercambio de ideas, ferramentas e solucións innovadoras para fomentar a competitividade empresarial e a economía circular, e acelerar a descarbonización industrial.
Ademais de interesantes relatorios, mesas redondas e espazos de debate, este foro profesional conta cunha zona de stands e actividades de networking, side events, así como unha área específica para startups ambientais, todo un compendio de recursos para que as compañías atopen solucións ás súas necesidades, teñan a oportunidade de crear alianzas e mesmo encontren a inspiración necesaria para integrar a sostbilidade na súa estratexia empresarial e reforzar así a súa posición nunha contorna cada vez máis esixente.
A presidenta de Viratec, Josefa de León Blanco, e o presidente de AClima, Xabier Caño González, xunto co viceconsejero de Medio Ambiente do Departamento de Industria, Transición Enerxética e Sostibilidade do Gobierno Vasco, Josu Bilbao Begoña, e a directora do Igape (Instituto Galego de Promoción Económica), Covadonga Toca Carús, foron os encargados de dar o pistoletazo de saída ao evento a través dun acto inaugural ao que tamén asistiu o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino.
A sesión matutina abriuse cunha interesante mesa redonda sobre os retos e oportunidades sectoriais para os clústers ambientais do Eixo Atlántico, á que seguiu unha conferencia pronunciada por Lara Lázaro Touza, investigadora principal no Real Instituto Elcano, sobre a xeopolítica e a gobernanza da acción climática nun contexto de confrontación.
Na xornada de mañá, 24 de outubro, cobrará protagonismo unha mesa de debate que, baixo o título, “Retos e oportunidades en materia de sostibilidade nos territorios do Eixo Atlántico”, moderará a directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Marta Gómez Palenque, e na que intervirán o viceconselleiro de Medio Ambiente do Gobierno Vasco, Josu Bilbao Begoña; a subdirectora xeral de Cambio Climático e Ordenación do Litoral da Xunta de Galicia, Teresa Bernal; e un representante da Dirección Xeral de Medio ambiente e Cambio Climático do Goberno de Cantabria, Alberto Quijano Alonso.
Odile Rodríguez de la Fuente, conferenciante e experta en sostbilidade, será a encargada de amenizar a sesión cun relatorio inspiracional.
O evento conta co apoio da Xunta de Galicia e o Gobierno Vasco, ademais doutras entidades públicas e privadas.
Saúdos, Departamento de Comunicación