
- Así se contempla nos resultados dunha nova enquisa climática da ONU, descrita como a máis grande realizada ata o de agora, e que abarcou 50 países que aglutinan a máis da metade da poboación mundial.
- As conclusións deste traballo compartiranse cos lexisladores e os gobernos que buscan promulgar políticas para reconstruír as economías posteriores ao COVID e abordar o cambio climático.
- As catro políticas climáticas máis populares en xeral foron conservación de bosques e terras (54% de apoio público), máis enerxía solar, eólica e renovable (53%), adopción de técnicas agrícolas respectuosas co clima (52%) e máis investimento en negocios ecolóxicos e postos de traballo (50%).
Cerceda, a 10 de febrero de 2021.- Unha nova enquisa climática da ONU, descrita como a máis grande realizada ata o de agora, revela que case dous terzos de máis de 1,2 millóns de persoas en todo o mundo consideran o cambio climático como unha emerxencia.
O traballo, que abarcou 50 países con máis da metade da poboación mundial e 17 linguaxes, " People' s Climate Vote" (o voto das persoas sobre o clima) do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), tamén mostra que os cidadáns apoian políticas climáticas máis integrais para responder aos desafíos.
Achim Steiner, administrador do Programa, indicou que “Os resultados ilustran claramente que a acción climática urxente ten un amplo apoio entre persoas de todo o mundo, de todasas nacionalidades, idade, xénero e nivel educativo”, ao que engadiu “Desde a agricultura respectuosa co clima ata a protección da natureza e o investimento nunha recuperación ecolóxica do COVID-19, a enquisa leva a voz da xente ao fronte do debate climático. Sinala formas nas que os países poden avanzar co apoio público mentres traballamos xuntos para abordar este enorme desafío”.
Os resultados compartiranse cos lexisladores e os gobernos que buscan promulgar políticas para reconstruír as economías posteriores ao COVID e abordar o cambio climático.
2021 é un ano crucial para os compromisos de acción climática dos países, cunha rolda crave de negociacións que terá lugar en novembro en Glasgow, Reino Unido, durante a 26ª sesión da Conferencia das Partes da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).
A enquisa tamén mostrou que os cidadáns apoian políticas climáticas amplas, máis aló da situación actual do COVID. É o caso da conservación de bosques e terras (54% de apoio público), máis enerxía solar, eólica e renovable (53%), adopción de técnicas agrícolas respectuosas co clima (52%) e máis investimento en negocios ecolóxicos e postos de traballo (50%).
Igualmente, atopouse un vínculo directo entre o nivel educativo dunha persoa e o seu desexo de acción climática. Houbo un recoñecemento moi alto da emerxencia climática entre os que asistiron á universidade en todos os países, desde nacións de baixos ingresos como Bután (82%) e República Democrática do Congo (82%), ata países ricos como Francia (87%) e Xapón (82%).
Os achados revelaron que, mentres que os máis novos (menores de 18 anos) eran máis propensos a dicir que o cambio climático é unha emerxencia, outros grupos de maior idade pronunciáronse nesta liña, cun 65% de entre 18 e 35 anos; un 66% entre 36 e 59 anos; e o 58% dos maiores de 60.
OTROS DATOS DE INTERESE
- A medida que os gobernos planifican investimentos para reconstruír as economías que emerxen da crise sanitaria, hai un apoio maioritario en case todos os países do G20 enquisados para un maior investimento en negocios e empregos verdes.
- A acción con menos apoio foron as dietas a base de plantas (30%).
- Se ben houbo altos niveis de respaldo en moitos países para a maioría das políticas climáticas, é posible que se requira máis educación a fin de propiciar apoio público para a escala da transformación que require a loita contra o cambio climático.
- As actitudes cara ao cambio climático varían segundo o xénero e o país. Había unha crenza moito máis forte na emerxencia climática entre as mulleres e as nenas que entre os homes e os nenos (por unha brecha de máis de 10 puntos porcentuais) en Australia, Canadá e Estados Unidos. Pero foi ao revés noutros países como Vietnam e Nixeria, onde os homes e os nenos apoiaron máis a idea da emerxencia climática.
Fonte: ONU
Imaxe: Pexels