- @SogamaXunta é, a partir do pasado sábado, 27 de marzo, o perfil oficial das contas desta empresa pública en Facebook, Twitter e Instagram.
Cerceda, a 29 de marzo de 2021.- Nesta nova etapa empresarial na que nos adentramos, onde a investigación, o desenvolvemento e a innovación cobran especial protagonismo, xunto coa educación ambiental da poboación, Sogama intensificou, aínda máis, o traballo conxunto que leva a cabo coa Xunta de Galicia e, máis concretamente, coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Departamento autonómico ao que está adscrita.
Unha das accións contempladas foi modificar o nome, usuario e biografía das súas redes sociais en Facebook, Twitter e Instagram para unificar criterios e funcionalidades.
O usuario pasa a denominarse @SogamaXunta, sendo o seu perfil oficial o da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda/@Xunta.
Convidámosvos a que vos unades ás mesmas porque, da colaboración nace a forza.
https://www.facebook.com/sogamaxunta/
https://www.instagram.com/sogamaxunta/
https://twitter.com/SogamaXunta
Estamos tamén en Linkedin: https://www.linkedin.com/in/sogama/
Saúdos, Departamento de Comunicación