
- Así o manifestou o presidente desta empresa pública, Javier Domínguez, durante a súa participación nunha mesa redonda sobre ferramentas dixitais enmarcada no I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular, celebrado en Pontevedra
- Destacou o traballo que a Sociedade está a realizar para poñer en marcha a Plataforma TRAZA e, dentro desta, o denominado Portal do Cliente, que permitirá aos concellos acceder aos datos en tempo real, axudándolles na toma de decisións
Cerceda, ao 27 de maio de 2025.- No marco da mesa de debate sobre a utilización de ferramentas dixitais na xestión dos residuos, que tivo lugar no I Congreso de Cidades Intelixentes e Economía Circular celebrado en días pasados en Pontevedra, o presidente de Sogama, Javier Domínguez, que participou como tertuliano, explicou o proceso de transformación dixital no que se atopa inmersa esta empresa pública co obxectivo de gañar en eficiencia e calidade do servizo, mellorando ao mesmo tempo as comunicacións cos 295 concellos adheridos ao seu sistema.
TRAZA e Portal do Cliente
Así, destacou a plataforma TRAZA, que ten por obxecto avanzar cara a unha xestión automática de todos os datos necesarios para asegurar o control e a correcta rastreXabilidad do residuo desde que entra nas instalacións da empresa ata que sae das mesmas convertido en recurso, ben para ser reciclado ou ben convertido en enerxía eléctrica, no caso da parte non reciclable.
E, dentro de TRAZA, fixo especial referencia ao denominado “Portal de Cliente”, definido como un instrumento de intercambio de información cos clientes de Sogama, que son precisamente os entes locais. Este portal, concibido como unha solución integral, dinámica e intuitiva, ofrecerá aos usuarios unha contorna dixital na que poderán consultar datos actualizados, recibir alertas e notificacións, trasladar solicitudes e suxestións, xestionar distinta documentación e axilizar a tramitación administrativa.
Desta forma, os concellos terán acceso aos datos vinculados ás fraccións de residuos xestionadas por Sogama, comparativas con outras entidades de similares características, históricos de facturación, xeración de informes personalizados a partir das consultas recibidas, alertas, avisos etc.
Así mesmo, e en liña coas últimas innovacións, a través do portal vaise ofrecer un servizo de chatbot baseado en Intelixencia Artificial (IA). Con dispoñibilidade as 24 horas do día e os 7 días da semana, proporcionará respostas inmediatas e recomendacións personalizadas, eliminando os tempos de espera.
Tamén relacionado co ámbito da IA, incorporarase a posibilidade de obter proxeccións a futuro da evolución da xeración de distintos tipos de residuo, presentando escenarios probables e facilitando a anticipación aos cambios.
Con este proxecto, Sogama pretende optimizar a súa eficiencia operativa, así como a planificación e xestión da cadea de valor, minimizar os erros humáns, e aforrar recursos e tempos, coa particularidade de que as entidades locais poderán ter acceso ao dato en tempo real, o que sen dúbida, constituirá unha gran axuda para a toma de decisións e, en consecuencia, para o cumprimento dos obxectivos de redución da produción de residuos, reciclaxe e valorización.
Representación do sector empresarial e administración
Moderada por Manuel Bellido, a mesa contou tamén coas achegas de María Luz Rivas, directora de Zona Galicia e Asturias en PreZero Soluciones Ambientales; David Redondo, Responsable de Innovación de Valoriza Servicios Ambientales; e Lucía Pazos Alfonso, Técnica da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia.
Saúdos, Departamento de Comunicación