SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O Secretario Xeral da ONU chama ao mundo a reconciliarse coa natureza

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Durante a súa intervención ante o Cume “Un Planeta para a Biodiversidade”, recordou que a contaminación provocou un contraataque por parte da natureza que se traduce en temperaturas récord, o colapso da biodiversidade, a propagación dos desertos e os numerosos e perigosos eventos climáticos.
  • Así mesmo, apelou á necesidade de que as tarefas de recuperación da Covid se leven a cabo mediante “políticas intelixentes” e “cos investimentos axeitados” a fin de  trazar un camiño que brinde saúde para todo o mundo, revitalice as economías e rescate a biodiversidade.

Cerceda, a 13 de xaneiro de 2021.- No transcurso da súa intervención ante o Cume “Un Planeta para a Biodiversidade”,o Secretario Xeral das Nacións Unidas, António Guterres, subliñou que 2021 debe ser o ano da reconciliación coa natureza tralo continuo maltrato do planeta por parte da humanidade.

Explicou que o noso actual consumo de recursos require case dous planetas, pero só temos un. “Se equiparáramos a historia da Terra cun ano natural, usariamos un terzo dos seus recursos naturais nos últimos 0,2 segundos”, precisou.

Neste sentido, recordou que accións como a contaminación do aire, a terra e a auga provocaron un contraataque por parte da natureza que se evidencia en temperaturas récord, o colapso da biodiversidade, a propagación dos desertos e os numerosos e cada vez máis perigosos incendios, inundacións e furacáns.

Así mesmo, apelou á necesidade de que as tarefas de recuperación da pandemia do coronavirus se leven a cabo mediante “políticas intelixentes” e cos “investimentos axeitados”, de maneira que sirvan para trazar un camiño que brinde saúde para todo o mundo, revitalice as economías e rescate a biodiversidade, cuxa conservación tamén xera emprego.

De feito, e segundo o Foro Económico Mundial, as novas actividades comerciais relacionadas coa natureza poderían crear 191 millóns de postos de traballo para 2030.

Guterres reiterou que o principal obxectivo das Nacións Unidas en 2021 é construír unha verdadeira coalición mundial para lograr a neutralidade das emisións de carbono para 2050.

Fonte: ONU

Imaxe: Pixabay

13 Xan 2021

Galería