
- Así o manifestou con motivo do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, celebrado o pasado 15 de marzo.
- As organizacións de consumidores apuntan a 7 Reaccións en favor da sostibilidade: Reemprazar, Reformular, Rexeitar, Reducir, Reutilizar, Reciclar e Reparar.
- En definitiva, que o consumo sostible sexa unha opción fácil e accesible.
Cerceda, a 22 de marzo de 2021.- No marco do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, celebrado o pasado 15 de marzo, a OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) fixo especial fincapé na necesidade de frear a contaminación por plásticos e sensibilizar á poboación ao redor dun consumo máis racional e sostible, máis respectuoso e comprometido. En definitiva, mellor para todos.
7 REACCIÓNS EN FAVOR DA SOSTIBILIDADE
Tendo en conta que o abuso do plástico afecta á contorna e á saúde, as organizacións de consumidores consideran que urxe tomar medidas. Desta forma, apuntan a 7 accións, que en realidade son 7 reaccións en favor da sostibilidade:
- Reemprazar o plástico por outras alternativas
- Reformularse si de verdade é imprescindible recorrer a el
- Rexeitar produtos con exceso de embalaxes
- Reducir a cantidade de residuos
- Reutilizar os obxectos dos que non se poida prescindir
- Reciclar os restos de forma axeitada
- Reparar antes de refugar
OCU aposta por que se adopte unha estratexia para que o consumo sostible sexa unha opción fácil e accesible para os cidadáns.
- Con alternativas asequibles.
- Con información e transparencia.
- Fomentando a reparación dos produtos que se estraguen.
- Cunha infraestrutura máis completa que permita unha reciclaxe máis eficaz e de mellor calidade.
Con motivo desta efeméride, a organización dirixiuse ao MITECO para solicitar:
- Que se organicen campañas de concienciación e educación do consumidor orientadas a informar sobre os termos, etiquetas e símbolos de uso común nos envases de plástico.
- Que se regule o uso de termos como reciclable, biodegradable e ecolóxico, xa que, ben usados, impedirase o uso abusivo de plásticos e mellorará as prácticas e a comunicación das empresas sobre o impacto ambiental dos seus produtos.
- Que se favoreza (ou obrigue, nalgúns casos) o recurso a opcións a granel, recargables ou reutilizables para os consumidores.
- Que se informe sobre como actuar para segregar e reciclar os diferentes materiais de embalaxe, así como sobre onde entregar aquilo que non serve para darlle un segundo uso.
- Que se garanta unha infraestrutura de reciclaxe adecuada.
Fonte: OCU
Imaxe: Pexels