
- Logo do impacto da Covid-19, o bot de reciclaxe desenvolvida por Ecoembes recibiu nun ano un 30% máis de consultas sobre onde depositar determinados residuos respecto do mesmo período de 2019.
- Máis de 2,5 millóns de españois afirmaron que comezaron a separar os seus refugallos durante o período de confinamento.
Cerceda, a 25 de marzo de 2021.- Malia que a pandemia limitou moitas actividades e trastornou o día a día da poboación, o certo é que a preocupación dos cidadáns pola protección do medio ambiente non só non decaeu, senón que mesmo saíu reforzada.
Tal e como evidencian os datos rexistrados por AIRE, o asistente virtual de reciclaxe desenvolvida por Ecoembes, as consultas sobre onde depositar os residuos para ser xestionados correctamente creceron un 30% no último ano, sendo os de maior interese os seguintes:
1.- O plástico
Segundo o estudo “A sostibilidade, o compromiso ambiental e a reciclaxe tras a COVID-19”, realizado por Focus para Ecoembes, durante o período de confinamento, máis de 2,5 millóns de españois afirmaron que empezaron a separar, para o seu posterior reciclado, residuos que non segregaban con anterioridade. O 45,4% destes novos recicladores entrenouse cos envases do contedor amarelo, ascendendo a máis de 31.000 o número de consultas a través de AIRE nos últimos doce meses.
2.- Luvas, máscaras desbotaables e xeles hidroalcohólicos
Estes produtos, cuxa utilización era testemuñal antes da pandemia, convertéronse en novos residuos que xeramos a diario, non sabendo moitas veces que facer con eles. O bot da reciclaxe rexistrou 11.500 preguntas sobre os mesmos, estando lideradas polas máscaras.
Luvas e máscaras desbotables deben depositarse no contedor da fracción resto. Pola súa banda, o lugar de destino dos envases plásticos de xel é o amarelo.
3.- Papel de forno e de aluminio
Ao estar máis tempo que nunca na casa, cociñar foi unha das actividades nas que nos recreamos. Máis de 8.300 preguntas recibiu AIRE sobre materiais tales como papel de forno, que debe introducirse no contedor azul, e o de aluminio, no amarelo.
4.- Madeira
Reorganizar o que tiñamos no fogar para poder reparalo ou reciclalo foi outra forma de investir o tempo. As consultas sobre madeira ascenderon a preto de 7.000.
Cando se trata de caixas de froitas ou hortalizas de consumo doméstico, deben depositarse no contedor amarelo. Non obstante, se se trata de mobiliario (mesas, armarios, etc.) débese levar ao punto limpo máis próximo.
5.- A roupa
Os cidadáns tamén aproveitaron 2020 para facer limpeza daquelas prendas que xa non utilizan e poder darlles así unha segunda vida a través da reciclaxe. Realizáronse máis de 6.800 consultas sobre este residuo que, si non pode doarse ou reutilizarse, débese levar ao punto limpo.
Fonte: Ecoembes
Imaxe: Pexels