
- 700 profesionais e 60 relatores nacionais e internacionais debateron os retos da xestión de residuos, o novo marco legal e a transición enerxética
Cerceda, a 22 de maio de 2025 – O TecnoCampus de Mataró acolleu os pasados días 20 e 21 de maio a 8ª edición de Recuwaste, o congreso de referencia dos profesionais da xestión e o tratamento dos residuos e recursos, que reuniu a 700 participantes e uns 60 relatores nacionais e internacionais.
Baixo o lema «Residuos, economía circular e transición enerxética: trilema ou círculo virtuoso?», o congreso abordou os grandes retos e oportunidades dun sector crave na loita contra o cambio climático e a transformación do modelo produtivo, que está abocado a un cambio de paradigma necesario. Uns retos que se evidenciaron urxentes e necesarios tras lembrarse a esixencia europea de reciclar o 65% dos residuos en 2035.
O programa incluíu relatorios e mesas redondas sobre descarbonización industrial, novos sistemas de responsabilidade ampliada do produtor, o futuro do sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR), así como a xestión dos residuos, sexan plásticos, electrónicos ou téxtiles. Tamén se presentaron casos prácticos e proxectos innovadores en economía circular, ademais dun debate técnico sobre o impacto do novo marco legal para xestores e produtores ou sobre o pasaporte dixital dos produtos.
Un dos temas esenciais tratados en Recuwaste 2025 foi o da innovación en todo o proceso de xestión e tratamento dos residuos, dotándoos de valor engadido, e converténdoos en recursos grazas aos diferentes procesos de valorización e favorecendo así unha transición enerxética e descarbonizada do sector produtivo.
A nivel municipal, e coa colaboración da Deputación de Barcelona, puxéronse sobre a mesa as diferentes implicacións da nova lei de residuos e como internalizar os custos derivados da mesma.
Nesta edición tamén se puxo en marcha unha iniciativa para a recollida de teléfonos móbiles e aparellos electrónicos usados. Neste sentido, lembrouse a importancia da recuperación de materiais, sobre todo os que teñen materias primas críticas, como o teléfono móbil, e que conteñen practicamente todos os elementos da táboa periódica. Un argumento máis para aplicar a circularidade, así coma o deseño dos produtos pensando na «alargascencia» en contraposición a obsolescencia programada.
Recuwaste está organizado por Maresme Circular, a marca do Consorcio de Residuos do Maresme, e conta co apoio da Axencia de Residuos de Cataluña e a colaboración da Deputación de Barcelona, a Generalitat de Cataluña e doutras entidades como a Fundación Fórum Ambiental.
Fonte: Recuwaste