
- SIGRE proporciona unha serie de consellos para mantelo sempre actualizado
Cerceda, a 11 de setembro de 2025.- Coa volta á rutina, é habitual que se retomen ou incorporen ao noso día a día comportamentos máis saudables. Neste marco, e con motivo do novo curso, desde SIGRE lembran a importancia de incluír entre os mesmos a revisión periódica do botiquín doméstico e proporcionan seis consellos craves:
1. Garda os medicamentos perfectamente identificados, co seu prospecto e envase orixinal. Desta forma, sempre terás á túa disposición a información necesaria do medicamento, como é o caso da súa data de caducidade e as condicións de conservación, o que che facilitará o labor de revisión.
2. Non esquezas que o botiquín debe situarse nun lugar fresco e seco, polo que debes evitar gardalo no baño ou na cociña, xa que son espazos nos que se xera humidade e cambios bruscos de temperatura.
3. Débense retirar os medicamentos caducados ou en mal estado de conservación, e tamén aqueles que non vaias necesitar no futuro. Unha vez retirados, débense levar, xunto cos seus envases, ao Punto SIGRE da farmacia para que reciban un correcto tratamento ambiental.
4. Cando se finaliza un medicamento e quedan no botiquín os envases baleiros (frascos, blísteres, aerosois, ampolas etc.) e as caixas de cartón, hai que levalos tamén ao Punto SIGRE. Isto é moi importante porque os envases poden conter aínda restos do fármaco.
5. Non se deben almacenar no botiquín doses sobrantes. Se ao finalizar o tratamento sobraron algunhas, tamén hai que levalas ao Punto SIGRE da farmacia. É imprescindible prestar atención aos antibióticos para evitar resistencias antimicrobianas.
6. En caso de dúbida, consulta ao teu farmacéutico, quen che asesorará axeitdamente sobre como debes facer unha boa xestión do teu botiquín doméstico.
Fonte: SIGRE
Imaxe: Pixabay