
- Recoñecido como Máster Universitario Excelente pola Xunta de Galicia desde 2021, entre as especialidades contempladas no mesmo figuran a biotecnoloxía ambiental
- Técnicos ao servizo desta empresa pública foron os encargados de explicar a operativa da infraestrutura industrial, tecnoloxías adoptadas e medidas de control ambiental aplicadas
Cerceda, a 2 de xuño de 2025.- Técnicos ao servizo de Sogama impartiron en días pasados unha charla dirixida ao alumnado do Máster Interuniversitario en Biotecnoloxía Avanzada da UDC, cuxo obxetivo é proporcionar aos estudantes unha formación multidisciplinar na materia e preparalos para enfrontar os desafíos científicos, tecnolóxicos e empresariais do sector.
Recoñecido como Máster Universitario Excelente pola Xunta de Galicia desde 2021, entre as especialidades contempladas no mesmo figuran, ademais da biotecnoloxía sanitaria e agroalimentaria, a ambiental, abordando nesta útima temáticas tales como a contaminación, a tecnoloxía ambiental e a xestión da auga, así como a prevención e auditorías ambientais.
Logo da presentación de Sogama e identificación das fraccións de residuos municipais cuxo tratamento competen a esta entidade pública, explicouse a operativa da súa infraestrutura, tecnoloxías adoptadas e medidas de control ambiental aplicadas para garantir a plena compatibilidade da súa actividad industrial coa protección da contorna e a saúde das persoas.
Os egresados do Máster estarán capacitados para exercer profesionalmente en industrias biotecnolóxicas dos sectores alimentario, agropecuario, ambiental e biomédico, así como en centros de investigación, tanto públicos como privados, empresas de base tecnolóxica e programas de doutoramento en áreas afíns.
Saúdos, Departamento de Comunicación