
- O acordo busca fortalecer a competitividade dos sectores ambientais galego e vasco, e reforzar o protagonismo do Eixo Atlántico en materia ambiental como panca de competitividade
- As capacidades conxuntas dos sectores galego e vasco representados por ambas as dúas agrupacións industriais queda patente na actividade que os seus asociados desenvolven en materias como a xestión de residuos, sendo responsables da valorización anual de máis de 10 millóns de toneladas
Cerceda, a 16 de setembro de 2025.- Viratec (Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular) e Aclima (Basque Environment Clúster) formalizaron recentemente en Bilbao o primeiro convenio de colaboración entre as dúas agrupacións industriais para consolidar a posición do Eixo Atlántico como referente no sector ambiental.
O acordo, pioneiro no seu ámbito, senta as bases para impulsar proxectos conxuntos que fortalezan o desenvolvemento do sector e xeren novas oportunidades para as empresas que forman parte de ambas entidades.
Á firma do convenio entre a presidenta de Viratec, Josefa de León, e o presidente de Aclima, Xabier Caño, tamén asistiron o viceconselleiro de Medio Ambiente do Gobierno Vasco, Josu Bilbao, a directora xeral e o vicepresidente de Aclima, Olga Martín e Asier Ochoa de Eribe, e o vicepresidente de Viratec, José Ramón Vázquez, entre outros socios das dúas organizacións.
Motor de transformación
O sector ambiental consolidouse como un motor de transformación do modelo produtivo. O seu papel transversal e a súa capacidade para achegar valor a todos os sectores económicos convérteo en determinante, sobre todo á hora de ofrecer solucións ambientais que permiten mellorar a competitividade das empresas e dos seus territorios.
As máis de 200 empresas asociadas a Viratec e Aclima facturaron en 2024 máis de 4.000 millóns euros e xeraron máis de 11.000 empregos.
As capacidades conxuntas dos sectores galego e vasco representados por ambas as dúas agrupacións industriais queda patente na actividade que os seus asociados desenvolven en materias como a xestión de residuos, sendo responsables da valorización de máis de 10 millóns de toneladas anuais en nas dúas comunidades autónomas. É un sector marcado polo elevado índice de investimento en innovación, que o pasado ano representou ao redor do 5% da facturación dos asociados, evidenciando así a aposta continua pola profesionalización e a eficiencia dos procesos técnicos de valorización e o fomento dunhas infraestruturas verdes que doten dunha maior capacidade de xestión.
Os datos posicionan a Galicia e a Euskadi como referentes en sosbilidade ambiental, cun ecosistema empresarial consolidado e especializado, que reforza o papel do Eixo Atlántico como un espazo estratéxico en Europa e con alto potencial para liderar a transición ecolóxica en clave de competitividade.
Atlantic Green Hub
Atlantic Green Hub é unha das primeiras accións conxuntas derivadas do convenio asinado entre Viratec e Aclima. Baixo o lema “Empowering clean and competitive industry”, o encontro está dirixido á institucións e organizacións de todos os sectores produtivos que buscan avanzar cara a modelos de xestión máis sostibles, circulares e competitivos.
A primeira edición celebrarase, os días 23 e 24 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e, en 2026, terá lugar en Euskadi. Configúrase como un espazo estratéxico para xerar oportunidades de negocio, poñer en valor soluciones ambientais e impulsar a innovación ambiental como eixo central da estratexia empresarial.
O evento contará cunha zona feiral, relatorios inspiradores, mesas redondas con axentes referentes do sector, zona de networking, side events e un espazo dedicado a startups, fomentando así a conexión entre empresas ambientais líderes e empresas e institucións con retos ambientais.
Fonte e imaxe: Viratec