Actividade industrial

Principais instalacións

 

Principais instalacións: Complexo Medioambiental de Cerceda

 

Almacén de CDR

Almacén de CDR

 

 

visita_corta_castellano_01_0
  1. Planta de Clasificación de Envases Lixeiros (PCLAS). Na mesma procésase a denominada bolsa amarela, é dicir, os envases de plásticos, latas e briks recollidos de forma separada a través dos colectores amarelos. Mediante sistemas automáticos (electroimáns, correntes de Foucault, campanas aspiradoras e lectores ópticos), os materiais clasifícanse por tipoloxías, prénsanse e embálanse para ser remitidos ós centros recicladores, onde se converten en novos produtos.
  2. Planta de Reciclaxe, Tratamento e Elaboración de Combustible (PRTE). Acolle a primeira fase de tratamento da bolsa negra, ou, o que é o mesmo, o residuo convencional recollido a través dos colectores verdes xenéricos. Tras clasificar mediante trómeles a fracción grosa e fina do lixo (superior e inferior a 12 cm), a grosa é triturada nuns muíños de coitelas para reducir o seu tamaño e a fina é introducida nuns secadoiros para diminuír a humidade. Ó longo dos procesos, sistemas automáticos permiten separar materiais reciclables tales como o aceiro, o aluminio e o vidro, que son entregados á industria transformadora. Coa parte non reciclable acondiciónase un Combustible Derivado de Residuos (CDR) que logo se utiliza na Planta Termoeléctrica para xerar enerxía.
  3. Planta de Cogeneración (PCOG): consta de 6 motores xeradores de electricidade alimentados por gas natural con capacidade para producir 22 MW. O calor residual dos gases de escape aprovéitase para realizar o secado parcial da fracción fina dos refugallos nos secadoiros rotativos da PRTE.
  4. Almacén de CDR:  alberga o CDR á espera de ser requerido na Planta Termoeléctrica para abastecer as caldeiras.
  5. Planta Temoeléctrica (PTE): cunha potencia instalada de 50 MW, está deseñada para utilizar o CDR producido na fase anterior. Consta de dúas caldeiras de leito fluído circulante nas que se pon en contacto unha área en fluidificación a elevada temperatura co CDR para facilitar unha combustión de alta eficiencia. O forno mantense a unha temperatura superior a 850ºC e en presenza dun 6% de osíxeno, co obxecto de asegurar a destrución de dioxinas e furanos. Os gases procedentes da combustión das caldeiras pasan por un sistema de tratamento para a súa depuración. Todos os parámetros atópanse moi por baixo dos límites legais.

“A partir da fracción non reciclable dos residuos, Sogama produce a enerxía equivalente ó consumo do 12% dos fogares galegos”.

Preferencias de cookies