Separa. Depende de ti
En Sogama queremos converter todos os teus residuos en recursos, pero para isto necesitamos a túa colaboración.
En Sogama queremos converter todos os teus residuos en recursos, pero para isto necesitamos a túa colaboración.
Tendo en conta que os obxectivos europeos de reciclaxe apreman e que a xestión sostible dos residuos municipais constitúe un dos mellores antídotos para loitar contra o cambio climático, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, lanza unha nova campaña que, baixo o título “Reciclaxe Responsable para un futuro Redondo”, oriéntase a lograr unha maior colaboración e participación da poboación.
A correcta xestión dos residuos converteuse hoxe nun dos principais retos ambientais a nivel global. O constante aumento do consumo de bens e servizos, sumado ao uso intensivo de envases dun só uso e á cultura de usar e tirar, acaba xerando toneladas de lixo cada día, co conseguinte impacto negativo na saúde, nos ecosistemas e na economía.
Como cada verán, e coincidindo coas vacacións estivais de moitas familias, Sogama e a Consellería de Medio Ambiente lembran aos cidadáns responsables a necesidade de non relaxar nin abandonar os bos hábitos na protección do medio ambiente e, aos menos concienciados, de que estas datas de maior tranquilidade poden ser un bo momento para o cambio e o compromiso cunha contorna máis limpa e saudable.
Sinxelos xestos con grandes recompensas:
Con esta campaña preténdese transmitir, dunha forma sinxela, resumida e áxil, os residuos que deben, e non deben, depositarse en cada un dos contedores habituais nas rúas dos 295 concellos que están adscritos ao sistema de xestión promovido por Sogama.