Reciclaxe Responsable para un futuro Redondo

Tendo en conta que os obxectivos europeos de reciclaxe apreman e que a xestión sostible dos residuos municipais constitúe un dos mellores antídotos para loitar contra o cambio climático, Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, lanza unha nova campaña que, baixo o título “Reciclaxe Responsable para un futuro Redondo”, oriéntase a lograr unha maior colaboración e participación da poboación.

 

Reconecta co medio ambiente nas túas vacacións de verán

Como cada verán, e coincidindo coas vacacións estivais de moitas familias, Sogama e a Consellería de Medio Ambiente lembran aos cidadáns responsables a necesidade de non relaxar nin abandonar os bos hábitos na protección do medio ambiente e, aos menos concienciados, de que estas datas de maior tranquilidade poden ser un bo momento para o cambio e o compromiso cunha contorna máis limpa e saudable.

Sinxelos xestos con grandes recompensas:

Faite responsable da túa cesta

Baixo o título “Faite responsable da túa cesta”, Sogama lanza unha guía didáctica para axudar aos cidadáns a reducir o desperdicio alimentario. Esta iniciativa enmárcase  na Semana Europea da Prevención de Residuos, que este ano quere chamar a atención sobre a necesidade de diminuír a cantidade de comida que acaba no cubo de lixo, unha problemática con importantes consecuencias ambientais, económicas e sociais.

Tempo de rebaixas: rebaixa a produción de residuos e aforra recursos

As rebaixas comerciais poden ser un bo momento para que a poboación rebaixe tamén as cantidades de residuos producidos e active desta forma o primeiro elo na xestión xerarquizada dos mesmos, que comeza coa prevención e a redución, continúa coa reutilización e a reciclaxe, e culmina coa valorización, tanto material como enerxética, relegando o uso do vertedoiro a último lugar debido ao seu negativo impacto sobre o medio ambiente e a saúde.

10 PASOS BÁSICOS

Preferencias de cookies